A MIÑA MULLER NON TRABALLA
Data: 7 de diciembre de 2019
Nun Acto de AVOA lemos este escrito que gustou moito e pareceunos que debía pasar á sección de PENSEMOS.


Esta conversa produciuse na consulta dun psicólogo,

 entre este e o seu cliente, qera un home casado que neste caso falaba como esposo. 


Señor... Que fai vostede decotío para gañarse a vida?


Eu traballonunha entidade bancaria no departamento de Contabilidade.


¿E a súa esposa?...


A miña esposa non traballa... ela é ama casa.


Moi ben...¿Quen fai o almorzo para toda familia?


Faino ela,porque como non traballa...


Polo xeneral... ¿A que hora se levanta a súa muller?



Ela esperta pronto porque ten que organizarse cedo, antes de sentarse para almorzar pon a
mesa, organiza o almorzo de todos e prepara ós cativos para a escola. Asegúrase de que vaian ben vestidos e peiteados, se tomaron o leite e almorzaron. Se limparon os dentes e se levan tódolos útiles escolares. Como ela non traballa, é ela a que fala cos mestres e a que se preocupa de saber como lle vai ós nenos na escola e se cumpren cos deberes.


Despois delevalos á escola... ¿Que fai ela?.


Polo xeneral tarda en volver, ten que resolver cousas na rúa, bancos, facturas, compras para
a casa, Etc. Unha vez de volta na casa... Debe ter tempo para ter lista a comida de todos á súa hora. Entón sirve a mesa, ordena a cociña e logo encárgase de lavandería e limpeza de toda casa... Xa sabe como é todo iso.


Pola noite, despois de regresar á casa de volta da oficina... ¿Que fai vostede?.


Descanso, por suposto. Estou canso despois de pasalo día traballando no Banco.


¿E que fai a súa muller pola noite?...


Ela fai a cea e sírvenos ós fillos e a min, lava os pratos da cea e recolle unha vez mais a
cociña e a casa e prepara as roupas pa mañá. Despois axuda ós nenos a prepararse pa durmir, darlles o leite quente que toman antes de ir á cama, e verifica que se laven correctamente os dentes. Vaia, todo este tipo de cousas que fan as mulleres antes de deitarse.


Esta é a rutina diaria de moitas mulleres en todo mundo, comezar a primeira pola mañá e continuar ata altas horas da noite. A isto chámaselle “non traballar”. Ou ser “ama de
casa”.  Non ten diplomas nin títulos, pero cumpre ese papel clave na vida familiar, ela é... 
“O pé da casa”.


Valore e aprecie a labor da esposa, nai, avoa, tía, irmá, filla... porque o sacrificio e
a entrega que fan son incalculables. É moi común que preguntemos a unha muller... ¿Vostede traballa ou é só ama de casa?.



Muller... se alguén lle pregunta isto, responda: traballo como esposa no fogar 24 horas ó día... son nai, muller, filla, espertador, cociñeira, criada, mestra, camareira, neneira, enfermeira, educadora, economista pano de bágoas i edredón. Non teño vacacións, nin baixa por enfermidade. Non teño día libre, traballo noite e día, estou sempre de garda e non recibo soldo, e aínda así e como acostumo oír esa frase : pero... ¿E que fas en todo día?.


Dedicado a tódalas mulleres que dan a vida e o tempo polo ben dos seus familiares.


A muller é coma o sal: na súa presenza non se repara, pero a súa ausencia fai que nada
teña sabor.



 



 



 



 












 



 



 



 




volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46