Esta sección está destinada a que nos definamos como Asociación, e non é doado que sexamos nos mesmos quen lles digamos quen somos, pero aínda así, imos intentalo.
Se lle dicimos que somos unha Asociación de Xubilados e Pensionistas da parroquia de Coruxo, pode parecer que está todo dito, pero queremos dicirlle algo mais coma … por qué, como e de que maneira. Dicirlles tamén que a Asociación AVOA é de Coruxo, pero os seus socios poden ser de calquera lugar, de feito, xa temos socios que non son de Coruxo.
Aló polo ano 2.006, nove persoas con inquedanzas decidiron crear unha Asociación deste tipo porque se decataron que había un sector de idade na nosa poboación, sen coberturas sociais, que si existían xa para outros sectores. Tratábase de persoas que habendo acadado xa unha idade, atopábanse excluídos da movida dos mais novos.
Estes “mozos e mozas”, foron tratados coa dignidade io respecto do que eran merecedores i ese segue a ser o principal obxectivo da actual Directiva. Se conseguimos que así sexa, dámonos por moi satisfeitos. E falando da Directiva non podemos esquecer que o bo funcionamento da mesma, débese tamén ó respecto entre tódolos membros que toman os acordos relacionados coa Asociación sempre despois do debate necesario e preciso para cada tema e unha vez tomado o acordo, convertese nun acordo de todos.
E sen outro obxectivo, nin outro interese que non fosen os intereses dos “mozos maiores”, naceu unha Asemblea Constituínte, que despois de establecer uns Estatutos e facer unha votación para o nomeamento de Presidente, nomeouse naquel intre a Enrique Sío Prado, Presidente, que afortunadamente segue hoxe en día e que con acertada man, capitanea a actual Directiva: con Carlos Formigo Oliveira de vicepresidente e Ricardo Costas Acuña como secretario i Enrique Sanjuán Oliveira de tesoureiro e varios colaboradores de zona contando tamén en ocasións con membros da anterior Directiva que seguen a botar unha man.
Pero isto non foi froito da casualidade, isto xurdiu de persoas que xa formaban parte do Movemento Social de Coruxo a través doutras Entidades. Persoas con moitas inquedanzas sociais. Así xa, Enrique Sio Prado, nos anos oitenta dende o CRAC e dende a Comisión de Festas de San Lourenzo, fixo algún acto nesta dirección, que se ben non tivo froitos de continuidade, si que os tivo para servir de xerme do que no futuro sería esta Asociación que tan boa acollida tivo dende o primeiro momento, e que segue a ter na actualidade.
Decatámonos despois do traxecto percorrido de que os nosos Actos son moi esperados e moi ben acollidos por socios e convidados en xeral. Temos unha grande oferta de actuacións que desexan estar non nosos Eventos e encanto as autoridades e persoeiros que nos honran coa súa presenza non nosos homenaxes notamos unha grande predisposición a estar non nosos Eventos, nos que din sentirse moi desexosos de vir. Isto fainos pensar que algo estamos facendo ben. Por todo elo, grazas.
Moitas mais cousas poderiamos dicirlle de nós, pero so lle lembraremos algúns dos actos que ao longo do ano levamos a cabo para “mover” en certa maneira, a un bo número de “mozos maduros” que grazas á AVOA gozan de excursións adaptadas ás súas capacidades, xa que son programadas pensando neles. Eles son a nosa razón de existir e a eles nos entregamos. Facemos tamén homenaxe ás nais maiores de Coruxo, aos pais, aos socios, aos matrimonios nas Vodas de Ouro, Etc.
Dicirlles que sempre estamos abertos as suxestións que nos cheguen de vostedes, que esperamos que a partires de agora, con esta nova posibilidade que nos da esta “fiestra” que acabamos de estrear, grazas as novas tecnoloxías, nos cheguen moitas mais. E pouco mais … que somos unha Asociación, por suposto sen ánimo de lucro, e que para tódolos actos que levamos a cabo, hai detrás un traballo de busca do financiamento con axudas, subvencións e colaboracións de outras Entidades.
Referímonos aquí a Entidades da nosa parroquia, pero queremos facer extensivo este agradecemento todo o Equipo do Concello de Vigo co seu alcalde á cabeza D. Abel Caballero, Delegación da Deputación Provincial en Vigo e Delegación da Xunta de Galicia en Vigo. Todos eles participantes dos nosos Actos, coa súa presenza i os seus agasallos para os nosos homenaxeados. A todos, graciñas.
Grazas tamén a esa nova modalidade de axuda que temos cos Patrocinadores da nosa Páxina Web. Xa que lle falamos desa “nova fiestra” que é a nosa Paxina Web dicirlles tamén que é moi doado entrar nela: asociacionavoa.es . Comentarlles tamén que conta con un novo apartado chamado PENSEMOS, que esperamos teña un novo interese para que nos visiten e vexan de que vai: ¡ interesaralles seguro !.
Tamén dicirlles que nos consideramos, e que os consideramos tamén a todos vostedes coma persoas maduras, de suficiente idade para gozar de coñecementos, experiencias e vivencias que nos permiten estar de volta de moitas cousas, aínda que non de todas, por iso queremos seguir aprendendo e vendo a vida coma algo natural que nos queda por gozar.
Pero non queremos, de ningunha maneira, que nos vexan coma vellos, como anciáns, coma persoas que xa non dan mais de si. Somos, e queremos ser, maiores activos, con vivencias pendentes, con gañas de facer moitas mais cousas novas, de non pararnos, de non perdelas esperanzas, pois sen esperanzas non hai futuro e nos queremos telo.
Así, pois, non lle diremos mais nada por hoxe, so lembrarlles o noso respecto e cariño para os da “nosa idade” e que estamos aquí para seguir, ata que vostedes queiran, prestándolles este servizo con moito agrado.
Unha aperta e un saudiño para todos.