A NOSA VIDA COTIÁ
Data: 3 de octubre de 2022
O DÍA A DÍA DA NOSA VIDA COTIÁ..

A REFLEXION DE HOXE DEBERIANOS FACER PENSAR UN POUCO MAIS NO DÍA A DÍA DA NOSA VIDA COTIÁ.

Despois de algún tempo sen pasar por aquí, e sen deixarvos novos relatos ou escritos, hoxe querovos contar esta pequena reflexión da vida cotiá de calquera de nós... 

Ninguen é diferente os que nos rodean e todos temos "cousiñas" que mellor ou peor nos acontecen sin escoller grandes ou pequenos, ricos ou probes...

Malos momentos todos temos, tivemos e seguiremos tendo; pero son momentos e a vida seguirá a correr e pasar nun suspiro. 

Direi o tópico: A VIDA É UN SUSPIRO...e as veces a vida é unha cabrona: sácate do medio sen dúbidas, párache o corazón antes de tempo...a traizónn!! cando a ela lle peta. A vida tanto lle tennn!!

Así que hoxe estas vivo e mañá quizas os vermes comezan a saborear da túa. 
Hoxe estas acariñando unha pel desexada e mañá a tua pel xa non existe. Tí xa non es. Nunca máis estarás!!

Así que me vale o tópico...A VIDA É UN SUSPIRO...un lugar de paso. 
Comparados coa eternidade, que outros preferimos chamar historia, non somos máis ca un fragmento no tempo. Outro tópico: NON SOMOS NADA.

Por iso sempre me fan rir os que van de importantes e con toda a súa transcendencia, pedindo reverencias e pleitesías, eses que pasan a vida de batalla en batalla procurando non se sabe moi ben o que.....coma se eles non fosen morrer algún día.

Cada mañá lembrome esta única verdade: SON MORTAL, O MEU TEMPO É LIMITADO. NON ESTOU PA PERDELO. O MEU TEMPO É MEU.... O QUE SEXA...O QUE ME QUEDE....PERO MEUUU!!!
ATA QUE TODO REMATE E CANDO SEXA E DEUS O QUEIRA!!!



volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46