QUEREMOS TRATAR HOXE UN TEMA QUE ESTÁ NO ORDE DO DÍA E SEN EMBARGO SUBXACE COMO IGNORADO E OCULTO
VIOLENCIA PSICOLÓXICA LABORAL
* Hai unha realidade calada mais estendida do que pensamos e medrando chamada acoso laboral. As consecuencias psicolóxicas destes actos poden deixar eivas irreversibles nas persoas.
* Práctica que está medrando. – O que se busca co acoso ó traballador é des estabilizalo e presionalo forzando unha saída da empresa sen a indemnización por despido. Este aumento de casos camiña da man da precariedade laboral. Un estudo en España conclúe con que o 15 % dos traballadores sofren o “chamado mobbing”.
* Ata que se canse e se marche. – Habitualmente o acoso vai dende estratexias verbais ata as mais sutís prácticas clandestinas. Berrar, insultar, ameazar, coaccionar ou avasalar; humillar á persoa de maneira discriminatoria; facerlle o bacío ignorándoo; sobrecargar o traballo ou cambiar as atribucións do seu posto de traballo sen aviso, Etc. Etc.
* Fustigar como fan os paxaros. – A palabra acoso procede da etoloxía, ciencia que estuda o comportamento dos animais. Refírese a condutas defensivas de grupos de pequenos paxaros que fustigan continuamente a inimigos mais grandes, conseguindo dominalo.
* A violencia de tipo psicolóxico. – Esta violencia produce serias consecuencias de saúde nas persoas a longo prazo, como poden ser cadros depresivos e de estrés, soidade e perdida de auto estima. A curto prazo, ansiedade, tristeza ou somatización. En situacións extremas chegaron a darse casos de que remataron en suicidio.
*Un problema que está oculto. – O medo a perdelo traballo, o exceso de burocracia xudicial e mais a dificultade de demostrar o acoso laboral reduce as denuncias. Pero tamén é verdade que hai múltiples organismos onde informarse. Tanto na Constitución Española coma na Lei de Prevención de Riscos Laborais e no Código Penal, Lei Orgánica 5/2010 considérase o mobbing como delito penable.
volver