UNHA DEMOSTRACIÓN MAIS (COMA SE FIXERA FALTA) DO VALOR DUNHA PERSOA, INDEPENDENTEMENTE DO SEU SEXO.
BEN... Ó MELLOR É QUE EU PENSO QUE SI FAI FALTA.
ALISSA ZANOVIEVNA
Escritora e filóloga nacida en Rusia no ano 1.905 e finada en América no 1.982, filla de comerciantes xudeus, desenvolveu a súa obra baixo o pseudónimo de AYN RAND.
Ben... caeu na miña man unha frase desta autora, como é natural en min, quíxenme documentar e atopeime cunha persoa que , unha vez mais, demostroume que non ten nada que ver a grandeza persoal, co sexo de cada quen. Hai grandes homes cunha grande muller detrás, e hai grandes mulleres ás que non lle fai falla ningunha un home detrás, grande nin pequeno, son grandes elas e punto. Non precisan de nada mais, coa súa obra teñen dabondo.
Quedeime con frases, que mais que frases parecen sentencias, premonicións feitas hai moitos anos e que mesmo parecen escritas de onte, pola actualidade que amosan hoxe. Vamos con algunha:
“Cando o ben común dunha sociedade é considerado como algo aparte, superior ó ben individual dos seus membros, quere dicir que o ben dalgúns ten prioridade sobre o ben doutras persoas, aqueles consignados no estatus de animais sacrificados”.
“O ser humano inventou un deus para menosprezar ó ser humano, e un ceo para menosprezar á terra. Cada un é dono de menosprezar a súa grandeza ou a súa pequenez. Podes ignorar a realidade, pero non podes ignorar as consecuencias de ignora-la realidade”.
“A menor minoría da terra é o individuo; aqueles que negan os dereitos individuais non poden chamarse defensores das minorías”.
“A realidade existe como absoluto obxectivo: os feitos son os feitos, independentemente dos sentimentos, desexos, esperanzas ou medos das persoas”.
”Hai un so dereito fundamental ( tódolos demais son consecuencias ou corolarios ): O dereito da persoa á súa propia vida. A vida é un proceso de auto-sustento e acción auto-xerada, o que significa que a liberdade é tomar tódalas accións requiridas pola natureza dun ser racional para o sustento, o fomento, a satisfacción e o goce da súa propia vida”.
“Cando advirtas que para producir precisas obter autorización dos non producen nada: cando comprobes que o diñeiro flúe cara ós que non negocian con bens senón con favores: cando percibas que moitos se fan ricos polo suborno e por influencias mais ca polo seu traballo, e que as leis non te protexen contra deles senón, polo contrario son eles os que están protexidos contra ti: cando descubras que a corrupción é recompensada e a honradez se converte en auto-sacrificio, entón poderás afirmar, sen temor a equivocarte, que a túa sociedade está condenada e perdida”.
Estes prognósticos fíxoos a autora fai setenta anos. Soan tan vixentes e actuais que parecen mesmo escritos de hoxe mesmo. Esa é a razón e motivo de que eu lle dera tanto valor o feito en si, como a realidade de que sexa unha muller a que amosa esta grandeza de personalidade.
So pediría, eu que non son ninguén, comezaramos dende o mais temperán da educación, cos nosos cativos, a conciencialos de usar mais o cualificativo de ““persoas”” e menos o de “home ou muller”, iso conduciríanos a valorar mais o feito e a quen o fixo, ca ó sexo de quen o faga.
volver