AS DIFERENCIAS CULTURAIS DOS POBOS
Data: 12 de septiembre de 2019
Un pequeno exemplo dos distintos comportamentos das persoas, sugundo a cultura na que se criou.
                                   AS DIFERENCIAS CULTURAIS DOS POBOS

Hoxe quero falarlles das diferentes culturas que practicamos nos distintos países dos que formamos parte, dos que formamos unha sociedade tan distinta, non por ser dun país ou de outro, senón por pertencer, a unha cultura ou a outra. Porque son dos que penso que ás persoas nonas fai o pais ó que pertenzan, senón á cultura dese país. Un exemplo.

Un enxeñeiro arxentino nun ha viaxe por Europa entrou nunha estación de “Metro” en Estocolmo, capital de Suecia.

Alí decatouse de que había, entre moitos tornos comúns e normais, un que daba acceso libre e de balde, para subir ó “Metro”. Entón preguntou a vendedora dos billetes de viaxe, o porqué de aquel torno permanentemente aberto e con acceso libre para pasar sen pagar e sen ningún axente de seguridade vixiando. A expendedora de billetes informouno explicándolle que aquel acceso libre estaba destinado a persoas que, por calquera motivo, non dispuxeran de diñeiro para pagar o seu billete de viaxe.

Incrédulo, acostumado á cultura arxentina, non puido evitar facérllela pregunta, que para el, era obvia: ¿E se a persoa tivera diñeiro, pero simplemente quixera pasar sen pagar?... A vendedora entrecerrou os seus ollos azuis e, e con un sorriso de acolledora pureza e inocencia respondeulle: “Pero... por qué ía facer semellante cousa?. Sen poder acertar unha resposta, o enxeñeiro arxentino pagou o seu billete  e pasou polos tornos de pago, seguido dunha multitude que tamén había pagado o seu billete, mentres que  o torno de paso libre e de balde, continuaba bacío.

A honestidade é un dos valores mais prezados para unha sociedade que logrou transformar ese valor en algo natural e cotián, unha sociedade que está nun estado de desenvolvemento, sen dúbida, superior. Iso é educación... ¡Tamén e antes que nada! Cultivemos este valor e transmitámosllo ós nosos fillos, netos, alumnos e á sociedade en xeneral. 

O noso mundo cambiase cando cambiamos nós. Non premiemos as prácticas fraudulentas, os negocios de malos  hábitos e a corrupción. Fagamos da honestidade e a boa fe un hábito, unha forma de vida. Iso faranos mellores persoas a todos e entre todos fariamos mellor país.




volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46