AS MANS DA MIÑA NAI
Data: 14 de mayo de 2023
AS MANS DA MIÑA NAI É UN FERMOSO HOMENAXE A ESE SER QUE NOS DEU A VIDA....HOXE, MAÑÁ E SEMPRE!!!
Un día quedei mirando fixamente as mans da miña nai....
Ela estaba deitada na cama descansando un pouquiño e non se decatou de que eu entrei caladiña no seu cuarto. Mirei para ela de pés a cabeza, pero as súas mans chamaronme a atención.

As mans da miña nai estaban enrrugadas, as súas venas vense abultadas e as grosas liñas de pel semellan cordóns que se entrecruzan.

O principio, as súas mans pareceronme feas, pero por un intre a miña cabeza comenzou  a meditar canto significaban pra mín esas manciñas.; entón cando as voltei a mirar xa me pareceron moito máis fermosas, dignas e fortes; como envoltas nunha  luz de diamante.

Esas mans foron tenras e débiles un día; despois foron crecendo, colleron forza e fixeronse fermosas. Pero o peso dos anos e o duro traballo envelleceronas e enrrugaronse. Agora son mans dunha muller madura e nobre, que se foi dobregando ante os ímpetus da vida. 

Eu amo esas mans!!!
Elas abrironse para cargarme cando apenas eu era só un feixe de carne e ósos. Sempre estiveron solicitadas pa guiar os meus pasos trémulos na miña nenez, incertos na miña mocidade e aínda non firmes na miña madurez. 

Esas mans prepararon cun amor incomparable a comida que me deu a vida, máis dunha vez apretaron a vara para castigarme por algunha ofensa cometida. 
Foron mans constructoras que tiñan o encanto de transmitiren amizade e inxectar ánimo. Polos dedos desas mans derramase a luz dun corazón amoroso, coma se fosen fios de ouro que se tecian arredor de min para darme protección.

Na casa aquelas mans sempre se mantiñan ocupadas facendo mil cousas, sempre abertas para facer ben. 

Agora son mans temblorosas e sen moitas forzas, pero que non deixaron de ser unha inspiración para min; porque elas aínda se estenden para abrirlle a porta o fillo que volta a casa, para soster a cunca de cafe co que me agasalla cando a visito ou cando saúda a todos cantos se achegan a ela.

Na historia das nosas vidas, as mans das nais fixeron moito traballo e encheronnos de amor infinito. 

Así que antes de sair do cuarto, inclineime e biquei as mans da miña nai.

"AS FERMOSAS MANS DA MIÑA DOCE E ADORADA NAI"

E ti......paraches a contemplar as mans da tua nai?? 
Amaa, dalle o amor que precisa agora que a tés, e lembra que o pasado está morto, o presente é agora pero o futuro é incerto. 





volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46