CANDO SEXA VELLO
Data: 20 de noviembre de 2022
CANDO SEXAMOS VELLOS ...DIOS QUEIRA ALÁ CHEGUEMOS.
Carta dun pai o seu fillo....pa cando a vellez lle chegue con achaques varios.
CANDO SEXA VELLO (reflexión para os que nos acompañan)

A idade trae unha etapa na vida que non sempre é fácil de soportar, e onde temos que ser máis comprensivos ca nunca.
O día que sexa vello e xa non sexa o mesmo, ten paciencia e enténdeme.
Cando derrame comida na camisa e esqueza como atar os zapatos, recorda as horas que pasei ensinándoche a facer as mesmas cousas.
Se cando me falas repito e repito as mesmas palabras que sabes dabondo como rematan, non me interrompas e escoitame. Cando eras pequeno, para que te durmiras eu tiña pa contarche miles de veces a mesma historia ata que pechaches os ollos.
Cando esteamos xuntos e sen querer me alivie, non teñas vergoña e comprende que non teño a culpa diso, porque xa non podo controlalos.
Pensa cantas veces, de pequeno, te axudei e tiven paciencia ao teu lado agardando por ti rematarás o que estabas facendo.
Non me culpes porque non quero bañarme; non me rifes por iso. Lembra os momentos que te perseguín e os mil pretextos que inventei para facer máis agradable o teu baño. Acéptame e perdóame, xa que agora son eu o neno.
Cando me vexas inútil e ignorante diante de todas as cousas tecnolóxicas que xa non  poderei entender, pídoche que me deas todo o tempo que necesite para non facerme dano co teu sorriso burlon. Lembra que fun eu o que che ensinou moitas cousas. Comer, vestirte e a tua educación para afrontar a vida tan ben como o fas, son o produto do meu esforzo e perseveranza por ti.
Cando nalgún momento mentres falamos  me esqueza do que estamos a falar, dáme todo o tempo que sexa ata que me lembre, e se non podo facelo non te burles de min; Quizais non fose importante o que falaba e  conformareime con que me escoites nese momento.
Se algunha vez xa non quero comer, non insistas. Sei canto podo e canto non debo. Tamén entender que co tempo xa non teño dentes para morder, nin gusto pa sentir.
Cando me fallen as pernas porque están demasiado cansas para camiñar, dáme a túa tenra man  pa apóiarme como fixen cando comezaches a camiñar coas túas débiles pernas.
Non te sintas triste nin impotente por verme como me ves. Dame o teu corazón, enténdeme e apóiame como o fixen cando comezaches a vivir. Do mesmo xeito que eu teño acompañado no teu camiño pídoche que me acompañes ti no meu. Dame amor e paciencia, que che devolverei gratitude e sorrisos co inmenso amor que teño por ti.
                               
SÓ PIDO... COMPRENSION.



volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46