¿CANTO AZUCRE TEÑEN OS ALIMENTOS?
Data: 9 de febrero de 2018
A seguinte lista danos idea da cantidade de azucre que conteñen os alimentos que consumimos a diario.
    Moitos deles teñen unha aparencia inocente, pero unha enorme cantidade de azucre. Sen embargo, é importante recordar que nin tódolos tipos de glucosa son prexudiciais para a saúde e, de feito, o noso corpo  precisa unha certa cantidade desa sustancia para funcionar correctamente.

   Isto é convinte sabelo. Nada mais lonxe de poñelos a dieta. Nin pola cabeza se me pasa amargárllela súa alimentación i a súa existencia. Cada quen que coma e faga libremente o que lle pete, pero despois de saber isto, farao mais consciente do que fai. Que de maiores facémonos moi galdrumeiros e larpeiros do Noso Señor. Fíxense na lista.

  * 1º Unha botella de Coca-Cola de 500 Ml.  Contén 53 gramos de azucre, o que equivale a 13 terróns de azucre.
  
 * 2º  Café Starbucks (variedade mocca branco venti con nata e xarope de chocolate) ten 80 gramos de azucre, o que equivale a 20 terróns. Dez veces mais do que contén un café normal.
  
 * 3º Tomate frito. Un brick de 200 Ml. Contén 16 gramos de azucre (4 terróns) o mesmo ca un Donuts.
   
* 4º Tostada. Dúas tostadas de pan de molde industrial conteñen 6 gramos de azucre.
  
 * 5º Tarta de queixo. Unha ración regular de tarta de queixo pode conter 52 gramos de azucre (13 terróns).
   
* 6º Bebida enerxética Monster. Unha lata 553 Ml. Contén 60 gramos de azucre. O seu consumo é moi frecuente entre os adolescentes.
   
* 7º Catro galletas almirón ou 3 galletas pequenas para bebés conteñen o equivalente a un terrón de azucre.
   
* 8º Chocolate negro. Unha porción de chocolate contén dous terróns de azucre.
  
 * 9º Xeado Magnum. Un xeado dobre de chocolate contén 23 gramos de azucre.
   
* 10º Tónica Schweppes. Case sete terróns de azucre dentro desta bebida.

¡¡QUEN O HOUBERA IMAXINADO!!




volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46