HONRADEZ.- Un home moi pobre foi encarcerado por roubar dous sacos de fariña. Como lle pareceu inxusta a condena, chamou ó carcereiro e pediulle unha cita co Rei, asegurando que tiña un tesouro moi valioso para el. Unha vez diante do monarca díxolle: Maxestade, esta semente se a planta unha persoa honrada, que nunca haxa roubado nin mentido, nacerá unha pereira que dará peras de ouro. Se non fose así, a pereira so dará peras. Por iso lla ofrezo a vostede que seguramente nunca haberá roubado nin mentido nin enganado a ninguén. O Rei díxolle que de pequeno habíalle roubado unha moeda a súa nai e rexeitou o ofrecemento. “Que a plante o voso Chanceler”, díxolle o home. Pero tamén declinou a oferta. O mesmo que fixo o Comandante do Exercito Real e mailo Xuíz.
Ante tantas negativas, o preso ríndose díxolle: “Todos vostedes, que teñen cargos tan importantes, rouban, menten e enganan e non están no cárcere. Eu que roubei tan so dous sacos de trigo para dar de comer a miña familia debo seguir encerrado”. Diante de tales argumentos, o Rei liberouno.
Lembren que todos podemos ter algo que esconder ou calar, por iso que non deberiamos criticar ou condenar aos demais polo que quizais tivemos feito nós tamén.
volver