Quero falarlles hoxe dun asqueroso e odioso tema de desgraciada actualidade
COUSAS DE HOXE
Atopámonos nun intre socialmente falando, que deixa moito que desexar sobre o comportamento humano en distintos campos da vida que nos tocou vivir. A min apetéceme hoxe falar dun tema que por odioso, debería estar mais que superado, pero en cambio aí segue, cada día de mais actualidade e cada día afectando tristemente a persoas mais novas, cando pensabamos que era cousa de “xente maior”. O MALTRATO DE XÉNERO.
Para poñerlle remedio, protexerse del, ou castigalo, danse moitos consellos, pero eu quixera ir “Ó POR QUÉ”. E aí atopámonos con infinidade de explicacións que son moi difíciles de entender: onde asesorarte, chamar ó Tlf. 016, consultar Webs, acudir a Asociacións, profesores ou médicos de familia. Todos poden ter a súa eficacia, pero non satisfán a miña pregunta: ¿POR QUÉ?. Hai falsos MITOS sobre o tema e fanse todo tipo de afirmacións.
A violencia de xénero dáse mais en persoas de baixo nivel cultural i económico. Os expertos din que se dan en tódalas relixións, nacionalidades e capas sociais. Persoas de niveles altos que sofren esa lacra e maltratadores que non pertencen a capas baixas da sociedade.
Existe un perfil do maltratador. Non hai un prototipo de home que exerce a violencia. O único factor común a todos o de ser un machista.
O maltratador é un home violento por natureza. Non, son homes normais fora dese ámbito. É mais, son persoas encantadoras, amables e perfectas, ollados dende fora.
Os homes tamén sofren violencia de xénero. Mentira. Segundas estadísticas xudiciais e policiais o 99% da violencia en parella exércena os homes sobre as mulleres.
Aumentou coa emigración. Con datos do 2.017 o 74% dos denunciados eran de nacionalidade española, e as agredidas tamén eran maioritariamente españolas.
Unha enquisa revelou que Dinamarca, Finlandia e Suecia encabezan a porcentaxe de agresións a mulleres dentro da parella, moi por enriba da media europea.
Hai moitas denuncias falsas. Este mito do que tanto fala a extrema dereita, é un dos mais perversos. Segunda Fiscalía Xeneral do Estado, so un 0.008 % eran falsas. 96 de 1.2 millóns. Pero está demostrado que á ultra dereita gústalle terxiversar estes datos.
Os maltratadores soen ter algúns problemas mentais. Non son enfermos. De selo, exercerían a violencia contra tódalas persoas e non so contra as mulleres. A violencia está movida . Tampouco é certo. Non existe ningunha relación. O que existe é o afán de xustificar ese comportamento con ese argumento.
Se a muller non denuncia é que el non era tan violento. A metade das mulleres non denuncian a violencia por varios factores: medo ás represalias, pensan que non llelo van crer, polo seu estado emocional creado polo maltratador e que lle impide manexala súa vida.
Pois ben... feito este análise, penso que ás mulleres non hai que habilitalas, non hai que darlle liberdades, “como di o chiste machista, aumentándolles a cociña”, nin hai que darlles a igualdade. Ás mulleres hai que recoñecerlles as súas habilidades, as súas liberdades i as súas igualdades. Con isto sería suficiente, non darlles nada, saber que o teñen, que lles ven de seu como persoas que son. Se puxeramos mais en funcionamento a democracia mental, o libre pensamento das persoas e o respecto polos demais, ó mellor non había tanto machista. Teriamos que pensar menos en “homes e mulleres” e pensar moito mais en PERSOAS independentemente do seu sexo, deixando o sexo unicamente para o “sexo”.
Apetecíame falarlle hoxe de isto, porque penso que ninguén ten mais dereito sobre ninguén, ca o dereito que todos temos, e se o temos todos ese “todos” refírese a todos e por suposto a todas, porque estamos a falar de persoas e as persoas somos todas iguais.
volver