HOMENAXE A TODA-LAS MULLERES QUE SILENCIOSAMENTE FORON CONSTRUINDO A HISTORIA.
Hoxe día 8 de Marzo, día internacional da Muller non queremos deixar de facerlles unha mención especial a todas elas; valentes e loitadoras fundamentais para o desenvolvemento da nosa terra.
A ti, que loitaches durante séculos por non ser a sombra invisible de ninguén; que zurciches calcetins para gardar moedas e pegaches parches nos pantalons rasgados; que estiraches catro pesetas para poder chegar a fin de mes; que te levantaches o amencer arranxando roupa e o pechabas cun sorriso paciente; que facías pucheros con dous avíos para comer cinco.
A ti, que deixaches de ser pegada de ninguén para construir o muro da túa independencia; que fuxiches do medo e construíches a túa propia voz; que encheches universidades para mostrar intelixencia e talento, constancia e esforzo; que inventaches o tempo para traballar e criar aos teus fillos; que buscas a forza coma ninguén, que es bastón e guía, faro do mar e estrela pola noite.
A ti, muller, a ti, "que bailaches a vida con dous corazóns e respiraches con catro pulmóns"; que cambiaches de negro para pintar paisaxes de cores; que dixeches abondo á inxustiza e te convertiches en protagonista; que es aire, brisa, furacán e tormenta...
Para ti, muller, a nosa admiración e o noso respeto.
POR UN MUNDO NO QUE SEXAMOS SOCIALMENTE IGUAIS, HUMANAMENTE DIFERENTES E TOTALMENTE LIBRES!!!
volver