ENSINANZAS SABIAS
Primeiro, antes que nada dicirlles que non pretendo con estas ensinanzas, ensinar nada a vostedes. Segundo, que estas ideas non son miñas, meu so é o mérito de que cando desfruto de algo que lles poida interesar, ter a sensibilidade de recoñecelo, facelos partícipes e ofrecérllelo a vostedes, para que o desfruten como eu o fixen.
Non vivas dando tantas explicacións, os amigos non chas necesitan, os inimigos non chas cren e o estúpidos non chas entenden.
Ser boas persoas non significa que haxa que deixarse pisar polos demais.
Un día fartaraste de que non te valoren ou de que te traten mal e afastaraste.
Si, claro que cambiei. Agora quérome.
Cando tés no ceo alguén a quen amas, terás sempre na túa casa un anaquiño de ceo.
O fracaso é tan so a oportunidade de comezar de novo e de maneira mais intelixente.
Os sorrisos son tan poderosos coma calquera menciña, e tan máxicos coma calquera feitizo.
So o que sabe é libre, mais libre canto mais sabe. (Por iso houbo un tempo no que estiveron tan empeñados en que non souberamos).
O éxito na vida non se mide polo que logras, senón polos atrancos superados.
O tempo no que se desfruta é o verdadeiro tempo vivido.
Se alguén puido facelo, eu tamén podo e se ninguén puido, eu serei o primeiro.
Ao final do día podemos soportar mais do que pensamos.
O marabilloso de aprender algo, é que ninguén poderá arrebatárnolo.
So se vive unha vez, pero seo facemos ben, cunha vez é suficiente.
Debemos deixar ir a vida segundo planeamos, así aceptámola que está esperando.
Ás veces a xente fíxase en tódolos erros que cometes, pero nunca do ben que lle fas.
Todos queren de ti a sinceridade, pero cando es sincero oféndense.
Se algo me queda claro é que tamén podes amar en silencio, estrañar sen gritalo, namorarte sen contalo e ser feliz sen publicalo.
Nunca deixes de facer algo porque penses que é tarde... nunca é tarde para mellorar.
A verdadeira amizade é a que non se borra do recordo, a que a distancia non separa e o mal non destrúe.
Ten paciencia, non te apures, hai anos que fan preguntas e anos que dan respostas.
Se vostede é feliz, coma, baile, retrátese, faga o que vostede queira, a xente infeliz sempre o vai criticar.
O bo ser sincero é dicilas cousas á cara, diminúen os sorrisos finxidos e os saúdos hipócritas.
A lóxica lévate do punto A ó punto B, a imaxinación, lévate a tódalas partes.
Exitoso é o que fai o seu propio castelo coas pedras que lle tiran para facelo caer.
Pasámonos a vida esperando que pase algo e o único que pasa é a vida.
A vida non sempre é un tren ó que temos que subirnos, ás veces é a estación na que temos que baixarnos.
Se estás atravesando un mal momento, segue camiñando, o malo é o momento, non o teu camiñar.
Ben amigos, se lles gustou, desfrúteno. Se fose preciso léano varias veces, detéñanse en cada frase, reflexione e aplique todo o que lle poida servir a vostedes. A idea so é enredalos un pouco e como digo sempre... facelos pensar.
volver