HEROÍNAS DA ILLA DE SÁLVORA
Data: 13 de julio de 2019
HEROÍNAS DO NAUFRAXIO DO VAPOR SANTA ISABEL NA ILLA DE SÁLVORA
                                      AS HEROÍNAS DA ILLA DE SÁLVORA

Hoxe quero contarlles unha historia que pasou fai algúns anos na nosa terra galega.

Coñecía esta historia sen grandes detalles, pero no meu afán de aportar cousas interesantes a esta Sección de “PENSEMOS”, caeu nas miñas mans este relato que espertou o meu interese, polo feito en si e mais polo trato oficial dado ó tal feito.
A situación española polo ano 1.876 facía tremer a construción naval. A diáspora foi unha alternativa para moitos galegos. A Sociedade Española de Construción Naval construía en ferro, co sistema da época, de remaches, o primeiro barco, que foi o Santa Isabel e foi botado o 26 de agosto do 1.915 i entregado á Compañía Transatlántica Española o 26 de outubro do 1.916.
Anúnciase que para a liña de Bos Aires sairá o 21 de xaneiro do 1.921 do Porto da Coruña o vapor Santa Isabel con pasaxe e carga, o vapor-correo de tres hélices, que despois de abordar Cádiz seguirá destino a Montevideo e Bos Aires. Dito buque partía de Bilbao, Santander, Xixón, A Coruña, Vilagarcía e Vigo para finalizala ruta en Cádiz, onde se transbordaría a pasaxe a outros vapores oceánicos de mais capacidade.

Sobre as dez da noite, na altura de Fisterra comezou un forte temporal que obrigou a incrementala vixilancia. O dous de xaneiro, ás dúas da madrugada montou sobre unha rocha da costa da Illa de Sálvora, na bocana de entrada da Ría de Arousa. Illa habitada entón polos colonos dedicados ó agro e á pesca e tamén por dous torreiros. Comezando aquí unha das maiores traxedias marítimas da historia de Galicia.
Quince minutos despois apagáronse as luces do barco e o radio telegrafo, co que aumentou o pánico e a confusión entre os pasaxeiros. O primeiro bote-salvavidas foi botado ás dúas e media da madrugada e comezaron a saltar abandonando o barco. 
O torreiro oíu berros e foi mirar, descubriu que o barco encallara e correu na busca de auxilio, marchando cara a aldea a dar razón do acontecido. Esa noite so había na Illa 25 persoas, xa que o resto marcharan a terra firme para gozalo aninovo, saíndo un grupo cara ó faro, onde estaba o vapor. Outro grupo de mulleres e homes botaron á auga dúas dornas das que estaban baseadas na Praia dos Bois, preto da aldea. Outra dorna cara o pobo de Riveira para pedir mais auxilio.

Dona Cipriana Oujo Oliveira tiña entón 6 anos e conta como os homes foron cara ás dornas e as mulleres dereitas ó barco botando tamén man dunha dorna polbeira e remaron cara á Punta de Besugueiros a varias millas do naufraxio, chegando sobre as 8 da mañá. A súa intervención foi decisiva para salvar ós pasaxeiros dun bote que estaba a piques de esnaquizarse contra as rochas i elas bravamente conseguiron afastalo salvándoos así dunha morte segura. Estas dornas con mulleres bogando, fixeron varias viaxes a terra para traer superviventes e volver a por mais.
Foron condecoradas pola fazaña. Conta Cipriana que o pobo de Riveira recibiu entregado, de xeito exemplar aos superviventes, acollendo nas súas propias casas  ás vítimas. 213 vítimas mortais, salvándose 27 tripulantes e 29 pasaxeiros. Agora no século XXl a Illa de Sálvora pertence ó parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
A lenda do Santa Isabel... Conta unha nativa da Illa, parente dunha familiar da época, que o único que ela oíu  respecto do acontecemento do naufraxio, foi que algúns residentes da Illa se fixeron ricos cortándolle os dedos ás vítimas para sacarlle os aneis e outras xoias. Nin na escola de cativa, nin en ningunha outra transmisión oral dos feitos, coñeceu ela outra historia que non fora o da espoliación dos bens ós náufragos, ata o 1.998 que se editou un libro, que conta con detalle todo o ocorrido. Outro home conta que non houbo un recoñecemento oficial a estas mulleres, falouse delas en actos  en Vilagarcía, A Coruña, Vigo e ata en Bos Aires pola Colectividade Galega, pero na zoa non se lles recoñeceu a elas directamente nada. Así de agradecidos e recoñecidos somos os pobos cos nosos heroes. Uns de Bilbao, fillos de náufragos de Sálvora, puxéronse en contacto co autor do libro e contáronlle que eles recibiran tódolos bens de seus pais, incluso distintas xoias que eles levaban na viaxe.
Na Exposición do Auditorio de Riveira, dende o ano 2.014, pódese seguir toda historia, pero no escrito que expoñen non di que o fareiro foi quen deu a alarma e os veciños da Illa na maioría mulleres, fixeron o salvamento. A “versión oficial” di, que no mesmo día do naufraxio estableceuse un protocolo de actuación para o salvamento e que cando se constata que o barco está somerxido ordenóuselle á Garda Civil que prestara servizo permanente. Dise tamén que tres mulleres foron nomeadas "Heroínas de Sálvora", medallas e ata unha copa de fútbol que se xogou en Vigo.

As cousas que se transmiten coa voz do pobo dan a mensaxe popular, sen maquillaxe e realmente contadas co corazón. As que veñen pola “versión oficial”, fan mais caso á conveniencia histórica  que á crúa realidade. Pasa coma coas guerras, como as contan sempre os vencedores, danse versións mais convenientes á oficialidade que a pura e dura realidade.




volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46