IMPRESIONANTE FESTIVAL FOLCLORICO INTERNACIONAL EN CORUXO 2023!!!
Querido Grupo Etnográfico A Buxaina de Coruxo.
Diríxome a vós con gran entusiasmo e admiración para felicitarvos pola incrible 34° edición do Festival Folclórico Internacional.
Un
evento verdadeiramente espectacular que unha vez máis me deixou abraiada e completamente cautivada.
De principio a fin, cada momento foi unha experiencia inesquecible.
Os bailes rexionais de Alemaña, Serbia, Asturias e, por suposto, os nosos, foron simplemente magníficos!!!
Cada grupo demostrou o seu gran e excepcional talento e unha gran paixón contaxiosa, que animou a todos os que alí nos atopabamos a sumarnos ao són dos seus bailes con palmas e berros de "bravooo".
A presenza de representantes da Deputación de Pontevedra e do Concello de Vigo que tamén estiveron alí presentes, segue a demostrar a importancia e relevancia deste evento para a nosa parroquia.
Destacar especialmente a actuación do Grupo Aleman, cuio baile e enerxía foron absolutamente impresionantes!!!
Non podo evitar aplaudir a sua habilidade para animar a multitudes e facernos participar na súa música e baile.
Foi un verdadero espectáculo digno de contemplar.
Os asturianos, os nosos "primos irmáns" tamén nos deleitaron coa súa magnifica actuación.
As súas cantareiras, as gaitas e o toque de "escarchar" a sidra transportáronnos a fermosa tradición asturiana.
O seu talento e paixón deixounos a todos sen palabras, pero non sen sentimientos polos nosos vecinos asturianos.
E qué decir do grupo Serbio....
Se o seu baile foi deslumbrante, a beleza das súas mulleres chamaba a atención entre algúns dos que nos atopábamos no público.
Os seus traxes, tanto en homes como en mulleres, eran moi fermosos e chamaban moitísimo a atención.
É difícil describir con palabras a forma na que bailaron, e o ritmo dos seus pasos; realmente foi algo que hai presenciar para poder aprecialo plenamente!!
Por último, e non por elo menos importante, o noso propio grupo rexional A BUXAINA de Coruxo.
Quero quitarme o sombreiro e facer unha reverencia por todos os vos anos de traballo, ensaios e de entrega para ter un grupo con tanto talento e profesionalidade.
A vosa actuación foi de sobresainte..... de verdadeiro dez!!!!
Todos debemos sentirnos orgullosos de nosa cultura, das nosas tradicións e de levar polo mundo adiante nome de CORUXO.
Persoalmente síntome moi orgullosa da nosa cultura, das nosas tradicións e de como todo o Grupo da BUXAINA traballa durante todo o ano para que os resultados sexan visibles.
Tamén quero mencionar a todos os espectadores que estiveron presentes no acto.
Foi maravilloso ver como todos nos unimos para aplaudir e celébralo xuntos.
Destacar especialmente a Dona Pura, unha muller de 103 anos,admirable e que tampoco quiso faltar o evento, e que nos deixou a todos sen palabras coa súa enerxía e paixón polo baile.
Una días antes, eu mesma a vin no "Serán" xunto a Capela do Bao, bailando a un ritmo vertixinoso para os anos que ten.
Noraboa Pura!!!!
Coma sempre o fin de Festa nos se fixo esperar!!!
E como xa ven sendo tradicional cada año, unha parella de cada grupo sáe a bailar un vals o ritmo da impresionante tirada de fogos artificiais.
Coma sempre un momento máxico e cautivador que deixou a todos sen palabras e seguro que con bó sabor de boca para o vindeiro ano.
Resumindo.... quero expresar o meu máis sincero agradecemento e parabéns a organización deste maravilloso evento e a todos os colaboradores que facedes posible todo isto.
A modo persoal, e en nome dos meus compañeiros membros da DIRECTIVA AVOA, queremos darvos as GRAZAS e agradecervos a vosa invitación o voso acto.
A vosa dedicación e esforzo un ano máis deron como resultado un espectáculo inesquecible que permanecerá gravado no corazón de todos nós.
Grazas por brindarnos a TODOS desta experiencia única.
Atentamente:
Asociación Avoa.
(Tere Comesaña)
volver