LECCIÓN DE PENSAMENTO
Data: 13 de febrero de 2020
Este artículo ensínanos que para pensar hai que estar ensinados.

JOSÉ LUÍS SAMPEDRO:  Convídanos a pensar coma ninguén, pero para pensar temos que estar ensinados a través da educación.

Esta persoa fixo Ciencias Económicas en Madrid con premio extraordinario da súa Carreira. No 1.965 convértese en catedrático de Estrutura Económica, dando despois clases na Universidade, e escribiu varios libros. Falamos entón dunha persoa que debe saber do que está falando, xa que o avalan outros moitos títulos. Tamén no 1.977 foi nomeado Senador por designación Real. 2.009 Doutor Honoris Causa a Universidade de Sevilla e no 2.010 o Consello de Ministros outórgalle a Orde das Artes e as Letras de España e no 2.012 é nomeado Escritor  Galego Universal pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Quedan títulos sen nomear.

Dinos este home que en España non hai Democracia, pero engade que fora tampouco. ¿Onde está a Democracia? A opinión pública non é opinión pública, non é o resultado do pensamento reflexivo da xente. Iso pasa por dúas razóns: unha porque non estamos, en xeneral, educados para pensar. Iso que dicimos do pensamento propio, do pensamento crítico, a xente non razoa, non pensa, agora mesmo se estamos fronte a unhas eleccións a xente non pensa. Un estudo racional de, isto é mellor, isto é peor. Non, faise sobre todo por razóns viscerais. Polas características do que fala, pola voz que ten... polas mentiras que conta, e acéptanse. Esa é unha razón.

A outra é que o poder existente, que hoxe é o poder económico, o poder que domina os medios de información, e inculca na xente as ideas polos medios de comunicación. A xente hoxe, xulga sobre todo polo que ve na televisión ou polo que le nos diarios, os menos, xa que a xente le pouco, pero sobre todo polo que ve na TV. E vota asegundo do que ve i o que lle din na TV. Non pensa para nada no que lle ocultan.

O que se chama opinión pública, non é mais ca unha opinión dos medios, unha opinión creada pola educación dos medios de información. Ambas cousas interesadas polo que lles interesa ós do poder, porque o poder controla a educación e o poder controla ós medios. ¡Nada mais! ... ¡Pero hai que seguir adiante! As batallas hai que dalas , gáñense ou pérdanse. Hai que dalas polo feito mesmo de dalas. Porque iso únenos, xúntanos e ratifícanos.

Quedémonos entón co consello deste experto, que por un lado ensínanos a pensar e ademais, o mais importante para min, ensínanos a necesidade que temos, como seres humanos, de pensar.




volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46