NACIDO EN 1.900
A vida segue. Si amigos, a vida segue e seguen pasando cousas. cousas do día a día e tamén cousas moi especiais. Cada quen será o responsable de xulgar cales son as cousas correntes e cales as especiais. Para min teño hoxe unha a destacar: un escrito que me chegou ás mans, sobre o que vai o meu traballo de hoxe.
O dito escrito fala dunha persoa que nacese no ano 1.900. Imaxínate por un momento que que houberas nacido nese ano. Cando tiveses 14 anos comeza e Primeira Guerra Mundial e termina cando tiñas 18 anos, cun saldo de 22 millóns de mortos.
Pouco despois aparece unha Pandemia Mundial, a mal chamada “Gripe Española” que acaba coa vida de 50 millóns de persoas. Ti estás vivo, tes 20 anos. Cando teñas 29 haberás sobrevivido a grande crise económica mundial, que comezou co derrubamento da Bolsa de Nova York, ocasionando inflación, desemprego e fame.
Cando tiñas 36 anos comeza a Guerra Civil Española, que remata cando tes 39 anos. Neses anos... mortes e fame, pero moita fame, que desgraciadamente dura bastante mais ca eses tres anos. Moitos mortos na guerra, moitos desaparecidos, moitos fusilados nas “limpezas” de despois da Guerra, moitos exiliados. Moita vergoña que sentimos aínda hoxe.
Con 39 anos comeza a segunda Gurra Mundial, que termina cando tes 45 anos, cun saldo de 60 millóns de mortos. No Holocausto alemán mátase a 6 millóns de xudeus.
Cando tiñas 52 anos comeza a Guerra de Corea, e a de Vietnam, que remata cando tes 75 anos.
Un nenos que nace no 1.975, pensa que os seus avós non teñen nin idea do difícil que está a vida, pero estes avós sobreviviron a grandes Guerras e catástrofes. Hoxe atopámonos con tódalas comodidades nun mundo novo, no medio dunha pandemia. A xente queixase porque, perante varias semanas, temos que estar na casa confinados. Pero, iso si, temos electricidade, teléfono, comida, auga quente e un teito seguro por enriba das nosas cabezas. Temos que seguir na loita, iso si, pa que nonos quiten o conseguido.
Esa xeración sobreviviu a todas esas circunstancias e nunca perdeu as gañas de vivir. Hoxe queixámonos porque temos que usar máscara hixiénica para protexernos. Onte na televisión queixábase unha cidadán porque as academias e os bares deberían seguir abertos. ¡Pa matala! . ¿Esas son de verdade as nosas necesidades hoxe?.
Un pequeno cambio nas nosas perspectivas podería facer milagres. Se acaso, precisamos aprender cales son de verdade as necesidades e as prioridades. Mentres tanto, ti e eu vamos agradecer que estamos vivos, e que faremos todo o necesario para protexernos e axudarnos mutuamente, xa que coa nosa protección, estamos protexendo a todos.
Espero que isto sirva para que pensemos, so se trata diso. Saudiños e unha aperta.
volver