NOVAMENTE: DÍA DA MULLER
Hoxe vou contarvos unha historia para ilustrarnos un pouco de onde estamos con respecto á muller.
Supoñamos que falamos dun matrimonio novo, que ten que levar á súa filla a un hospital, porque ten que poñer unha vacina pola súa enfermidade de leucemia.
Érguense, fan unhas tortas, para o almorzo, preparando a masa coa batedora; despois de almorzar meten a louza no lavalouzas, collen un paraugas porque está chovendo e marchan no coche para o hospital.
Con esta historia rematada así, non sería coma para gañar un premio literario. Pero a intención non era esa, so era un pretexto para contarlles o mellor.
¿Imaxínaste que esta historia sería posible sen os inventos dunha muller?. Pois verás... A batedora das tortas inventouna Lillan Moller, que era Psicóloga e Enxeñeira Industrial. Fixo mais inventos, pero sobre todo dedicouse a mellorar a eficiencia a nivel industrial coa compaña do seu marido, cando este finou, considerou que tiña que comprometerse mais coa mellora do mundo da muller, porque vivía nunha sociedade moi machista. Fixouse no fogar e así xurdiu a batedora, a neveira con estantes e o cubo con pedal.
O lava louzas ten un orixe un pouco menos espiritual. A súa inventora foi Josefine Cochrane; tiña unha vaixela bastante luxosa e tiña evidentemente pouco gusto por fregala. Como as serventas rompíanlle moitos pratos, decidiu inventar unha máquina que os lavara sen que a servidume os romperan: este invento gañou o premio dos inventos na exposición de Chicago de 1.893 e a compañía que fundou foi a orixe de WHIRPOOL, un dos maiores fabricantes de lavalouzas actual.
O paraugas, tal como se coñece hoxe, é un invento de Beulah Luise Henry, que era unha inventora en serie, rexistrou corenta e nove patentes: convidemos a calquera que intente superala e mais tendo en conta que era autodidacta. Fixo sobre todo, mellorar o material de oficina e poder mecanografar mais de unha carta cada vez.
No coche atopámonos con un “dous por un”. Os parabrisas están fabricados con vidros ante reflexo, que foron inventados por Katharine Burr, ela foi a primeira muller que traballou como científica para General Eléctrica a ó invento destes cristais debemos parte de a historia do cinema, xa que tamén se usaban nas lentes das cámaras e proxectores. Os limpa parabrisas do coche son un invento de Mary Anderson que era realmente Promotora Inmobiliaria, pero que indo no tranvía estaba farta de que o tranvía fose tan lento por non ver ben, así que como non tiña moita idea de como facer o deseño, ideou algo parecido, chamou a alguén e cos seus planos deseñou a súa fiel idea.
No hospital, as xiringas actuais son desenvolvidas do deseño de Letitia Munford que quería un deseño que so precisara unha man para utilizalo mecanismo, e por último, os tratamentos, tanto para o Cancro coma o Sida, foron desenvolvidos por Gertrude Belle, que era unha absoluta Xenia e revolucionou a maneira de facer as cousas por ensaio-erro como se facían ata ese momento, pensou que podía impedir o crecemento das células cancerosas e así, co seu Grupo de Investigación, creou a Diamonuporina, que reduce o crecemento das células canceríxenas, e aínda a día de hoxe se utilizan estes compostos. De feito, Gerturde conseguiu un Premio Nobel sen ter o Doutorado terminado.
Con isto deámonos conta de que, se alguén pensaba que unha muller non pode cambialo mundo, nono faga, porque se a Ciencia non vai con elas, non é por non haber científicas, porque, si que as hai. A ciencia necesita diversidade, coma todo, e iso inclúe ás mulleres non coma os últimos dez premios Nobel que de dez gañadores do Nobel hai un total de cero mulleres.
È moi triste e vergoñento que a día de hoxe aínda sexa necesario estar a recordar estas cousas. Os homes case que todos temos unha esposa, temos a maioría fillas e temos ou tivemos todos, pero todos, todos, unha nai. ¿Como é posible que non sexamos quen de coñecer mellor ás mulleres e as súas capacidades?.
Se pensamos en igualdades. Se pensamos que temos que estar a esixilas para as mulleres a estas alturas da vida. Se pensamos que son elas as responsables da situación que sofren. Se pensamos que nós temos que axudalas a conseguir o que lles corresponde. Entón é que vivimos nunha sociedade noxenta e que non somos dignos de ter mulleres ó noso carón. E cando digo isto, non me estou a referir so ás mulleres como xénero, estou a falar desas nosas esposas, desas nosas fillas e desas nosas nais.
volver