O COXO I O CEGO
Data: 6 de mayo de 2018
Hoxe diume por un conto, xa ven. Paréceme moi exemplarizante para as nosas vidas. Demóstranos que na vida non se pode ir de sobrado, que todos precisamos de todos e que coa axuda dos demais e ó mesmo tempo axudando a os demais funcionamos moito mellor.
Na vida pódese ser pobre ou rico, poderoso ou indixente. o que non se pode ser e soberbio, necio e mala persoa, porque en calquera momento podemos necesitar do ininmigo. Entón o mellor é ter poucos inimigos e mais amigos dos que botala man nun intre de necesidade.



   Nun monte boscoso preto da cidade vivían dous vagabundos indixentes. Un deles era coxo i o outro era cego, pero, en vez de axudarse entre eles, sempre se pelexaban pola mellor esquina onde pedir a esmorga ós transeúntes. Esmorga da que vivían.

    Pero unha noite escura e ventosa o monte ardeu e as chozas nas que vivían foron pasto das chamas. Así perderon o pouco que tiñan e so lle quedaba salvalas vidas dos dous desgraciados. Sen embargo, tiñan serias dificultades paran salvarse por si mesmos nesas difíciles circunstancias. O coxo  tiña claro que aínda había posibilidades de fuxir, aínda que o fogo era tan devastador que nuns intres ía cercalos de tal maneira, que lles impediría a escapada. O seu problema era que el non podía saír correndo polas súas dificultades de mobilidade. O cego pola súa banda, tiña dúas boas pernas para correr, pero non sabía, pola falta da vista, que camiño coller.

    Nun transo coma este, no que o final mais seguro era a morte de ambos, decatáronse de que se necesitaban. O cego cargou ó coxo nas súas costas e funcionaron en equipo coma un so home, un corría i o outro marcaba o camiño. Foi así como salvaron as súas vidas, en foi así o comezo dunha longa amizade. Isto danos exemplo de que o mellor é esquecelos rancores vellos e ollar cara ó futuro. Todo necesitamos dos demais, ninguén por si so é tan libre, como para desprezar a os demais.




volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46