Hoxe quero contarvos esta pequena historia, que xá contei nalgunha ocasión. Tratase dunha prenda que todos vimos máis dunha vez ás nosas avóas, e á que seguramente non lle damos tanto valor como él tén:
O MANDIL.
E aínda que algunhas xa non o levan porque os costumes foron cambiando, dende a "Avoa" vaia por diante todo o sentimento e recordo os vellos mandils que hoxe tantos recordos nos han traer con este curto relato.
O primeiro propósito do mandil das nosas avóas era o de protexer a roupa de debaixo, pero tamén ...serviu de luva para sacar a tixola do forno.
Era marabilloso secar as bágoas dos nenos e as veces limparlle as súas cariñas sucias ou sacarlle os mormos...
Dende o galiñeiro, ese vello mandil tamén se usaba para transportar os ovos e as veces os pitiños.
Cando chegaban os visitantes, o mandil servía pa protexer aos nenos máis tímidos; e cando facía frío abrazaba a túa avóa.
O vello mandil era un fol axitador sobre un lume de leña.
Foi él quen levou as patacas e a madeira seca para a cociña.
Dende a horta, servía de cesto para moitos froitos despois da colleita das hervillas ou as fabas. E o final da tempáda, utilizabase para recoller as mazás caídas.
Cando chegaban visitantes inesperados, foi incrible ver o rápido que este vello mandil podía limpar ó pó.
Cando chegaba a hora de xantar e servir as comidas, a avóa ía as escaleiras, axitaba o seu mandil, e así os homes que andaban a traballar no campo sabían que o xantar estaba listo.
A avóa tamén o usou pa poñer a empanada de mazá xusto fora do forno no antepeito da fiestra pa enfriar...
Cantos recordos non sí?? Seguramente aínda se utilizarían pa moitas máis tarefas que agora non lembramos .....pero o que sí é certo ...e que pasarán moitos anos antes de que calquera invento ou obxeto poida sustituir "o vello mandil das nosas avóas".
volver