O MUNDO CAMBIOU
Data: 6 de septiembre de 2020
Falamos hoxe sobre un escrito que me chegou e paréceme que debemos pensar na mensaxe que nos da
O MUNDO CAMBIOU

Imos pensar, pensar un pouco: se con iso conseguimos dar que pensar, entón podo dicir que misión cumprida, porque diso precisamente é do que se trata. Vivimos un día peor, outro mellor pero ás veces deixamos correla vida sen decatarnos do que de verdade ocorre ó noso redor. Vostedes imaxinan que alguén que morrese en xaneiro volvera vivir agora?... ¿Cantas preguntas faría sobre o ocorrido nestes meses? O Covid-19, o Rei Emérito, o Mesi do Barça... ¿Que pasou coa nosa tranquilidade?
De repente o mundo cambiou, en Disney apagouse a maxia, a París non chegan os namorados, a muralla chinesa non era tan forte, agora Nova York si que durme, e ningún camiño quere conducir a Roma... Un virus coroase como dono do mundo e démonos conta da nosa fraxilidade, non sabemos se o dano é a propósito ou é por irresponsabilidade nosa, pero a ameaza está ai cada día mais forte.
Rímonos coas mensaxes para non chorar porque nos quitaron as apertas de mans, os abrazos, os beixiños convertéronse en armas perigosas e a escaseza dalgúns produtos amósanos unha vez mais o egoístas que somos, tan egoístas que dicimos: “non hai problema, este virus so veu pa matar ós velliños”, coma se non tiveramos pais ou se non foramos a chegar nunca a vellos.
Queremos facer valer os nosos “dereitos”  pa decidir se outro ten que deixar de vivir ou non, e agora decatámonos de que non podemos decidir nin pola nosa vida. Un planeta que hoxe pon unha máscara, ( a algúns favorécelle moito, pois tápalle o mais feo que teñen, a súa cara ) non so para o virus, senón para tapar a nosa vulnerabilidade mesturada coa nosa soberbia e lávase as mans para non recoñecer a súa responsabilidade tal como fixo Pilatos un día.
Que o destino nos asista, diante de tanta agonía. Ante as circunstancias excepcionais que está a vivir o mundo, tócanos responder como cidadáns e apoiar a todos aqueles profesionais da Sanidade que están loitando por nos nestes tempos tan difíciles. temos que mandar unha mensaxe de agradecemento, ánimo e apoio, en particular a todos os empregados do ramo da Saúde que están a traballar a reo para vixiar por nos.
Grazas polo seu esforzo, valentía e entrega, grazas por salvarnos. Deberiamos transmitir estes desexos a todos aqueles que coñezamos  por tanto que tanto lle debemos, pois sen saír da casa podemos darlle ese apoio que tanto merecen eses que tanto loitan contra esta pandemia, defendéndonos así a nos.
¿Ven?... eu aviseilles, temos moito en que pensar. Non deixen correla vida sen vivila, porque pensar na vida é a mellor maneira de vivila. Saúdos a todos, ata a próxima.




volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46