O MUNDO DOS WHATSAPP
Data: 13 de mayo de 2020

COMO ESTEs COMUNICADOS PODEN CONFUNDIR AOS SEUS RECEPTORES
                                                                    O MUNDO DOS WHATSAPP

Chegou ás miñas mans fai uns días un comunicado ao través dese medio, que me deixou moi acontecido pola intención de manipular o pensamento dos receptores.
Hai unha frase do doutor Marañón que define moi ben o que eu quero expoñer... “Aínda que a verdade dos feitos resplandeza, sempre loitarán os homes na trincheira da interpretación”.
Pois ben, será por iso, pero eu miro, vendo mais alá do que queren que vexa, que hai un grande afán de confundir Socialismo con Capitalismo. Ata onde eu sei, hai grandes diferencias entre un e outro. E ollo, non estou a dicir se un é mellor ca outro, so que non quero que nos confundan. Todo o contido é un manifesto en contra do Socialismo. Vamos punto por punto. Son seis.
                                                                        DI O WHATSAPP: (en letra negriña)
1º Non se pode levar ó mais pobre á prosperidade, quitándolle a prosperidade  ó mais rico. 
1º Cando o Socialismo propón o “reparto da riqueza”, non permite que o pobre prospere  sen ningún tipo de esforzo; propón repartir a riqueza dunha forma xusta.

2º Pa cada un que recibe sen haber traballado, hai outro traballando sen recibir. 
2º O socialismo non convida a  non traballar. No  socialismo ninguén recibe nada sen traballo e sen esforzo. O sistema que permite gañar diñeiro sen traballar é o Capitalismo (especulación, bolsa, intermediarios, etc...) onde uns gañan o que outros perden, base do IBES 35, por exemplo.

  3º O goberno non consegue dar nada a ninguén, sen que para iso teña que sacar algo a outra persoa. 
3º  A base de calquera goberno  (de calquera sistema) é o cobro de impostos (dende a época dos romanos)  a cuestión é como se reparten despois eses ingresos. O sistema Socialista propón reparto equitativo. O Capitalismo propón “non cobrar impostos” : so os realmente moi ricos terían acceso a Sanidade, Educación e Xustiza.

4º Por contra do que predica o Socialismo é imposible multiplicala riqueza intentando dividila.  
4º Falso. O Socialismo non predica multiplicala riqueza e menos dividíndoa. Iso faino o Capitalismo, cuxa base é multiplicalo consumo e a produción e polo tanto a riqueza, para logo dividila de maneira desigual en función do “estatus produtivo” de cada individuo.

5º  Cando a metade da poboación entende a idea de que non necesita traballar, entón a outra
metade entende que non paga a pena traballar para manter á outra metade. Nese intre
chegamos ó comezoda fin dunha nación.
5º Falso. É imposible non traballar nun sistema Socialista. A súa base é a do “traballo pleno”, outra cousa é se non hai traballo. En democracia Socialista, o sistema é o reparte os impostos, non o Partido. Nada destrúe mais unha nación ca desigualdade, esa desunión provócaa mais o Capitalismo (individualista)  ca o Socialismo (comunal).

6º Un goberno Socialista non quita ó que ten para darllo ó pobo, senón que o quita para o seu propio beneficio.
6º Isto é unha terxiversada opinión. A base do Socialismo é precisamente repartila riqueza individual nun sistema colectivo. Pero ademais isto si é certo no Capitalismo que se basea  en repartilos excedentes ou beneficios para seguir creando riqueza. O Socialismo non quere acabar cos ricos, o que propón o Socialismo é acabar cos pobres.

IDEOLOXÍA SOCIALISTA. Todo individuo terá acceso a produtos básicos e servizos públicos. Os grandes industriais son froito do esforzo colectivo, por iso os beneficios serán de toda a sociedade. Dende o ano 1.776 quedou sentada a propiedade e o valor - traballo

FILOSOFÍA SOCIALISTA. No Socialismo a produción pode ser colectiva ou privada, pero o consumo é particular. A ideoloxía propón un sistema social, económico e político baseado na produción acorde aos fins de contribución ó ben xeneral. Pode convivir con distintos sistemas políticos en democracia participativa. Permite a liberdade de culto, profesión e matrimonio. Educación e Sanidade de balde, sufragado cos impostos. As persoas han ser iguais diante de Lei, e esa Lei protexerao da discriminación.

Hai na sección de PENSEMOS da páxina de AVOA un artigo titulado ALISSA ZINOVIEVNA cun pensamento que imos repetir aquí e que di o seguinte: “Cando advirtas que para producir necesitas obter autorización dos que non producen nada; cando comprobes que o diñeiro flúe cara ós que non trafican con bens senón con favores; cando percibas que moitos fanse ricos polo suborno e polas influencias mais ca polo seu traballo, e que as leis non te protexen contra eles, e pola contra son eles quen están protexidos contra ti; cando descubras que a corrupción é recompensada e a honradez convértese nun auto – sacrificio, entón poderás afirmar, sen temor a equivocarte, que a túa sociedade está condenada.” O artigo é mais longo e fala de mais cousas, pero esta parte ven ó pelo par que saibamos dunha vez, quen é cada quen.
 

 





volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46