OS ANOS 40
Os nenos da Guerra Civil: mais ou menos os anos corenta. Momentos difíciles pero a infancia eran xogos e alegría. Non todos foron á escola ¡Que sorte os que puidemos ir!. Primeiro a Cartilla, despois a Enciclopedia de Álvarez. Moitas horas de Relixión e moita Historia Sagrada, menos Matemáticas. Moitos bos mestres e tamén algúns menos bos, iso si, todos con salarios ínfimos, salarios de fame.
Faltaban cousas moi básicas. Cartillas de Racionamento, cupóns para arroz, azucre ou aceite e fariña ou tabaco. Como entretemento so había as Festas Populares, previas ofrendas á Virxe ou ó Patrón que tocaba. As grandes cidades con prazas de touros e campos de fútbol. Iso si que non podía faltar, o salario dos toureiros e futbolistas non era coma o dos mestres.
En Madrid naceu unha pequena tenda chamada “El Corte Inglés” e ollo a todo o que veu despois. Eran tempos de “grandes” familias. Os bancos de entón eran os de sentarse. Era cando ata o tabaco levaba o Escudo Nacional, daquela aínda Aznar nona privatizara TABACALERA, despois de 375 anos de historia, vendéndoa a ALTADIS.
Chegaban de USA as medias de cristal. Cen pesetas eran un diñeiral, pero un cabalo de xoguete de cartón, ou a boneca Mariquita Pérez custaban 95 Pts. Un luxo, claro, so era para nenos ricos. Comezaron a ser “devoradas” as novelas de Corín Tellado para elas e as de vaqueiros de Estefanía para eles. O NO-DO era obrigatorio para todos, incluídos os nenos que xa ían fartos de dar na escola “Formación del Espírito Nacional”, pero habá que aleccionalos. A censura, prohibía moitas películas, chegando a España con moitos anos de retraso. Nacen as quinielas, que traían consigo os soños de diñeiro.
Para a Confirmación “gran acontecemento” viña o Sr. Bispo. Tamén neses anos, descóbrese a penicilina que durante moitos anos nona había en España, pero si que a había de contrabando se a traían de Portugal.
Tiñamos a Sara Montiel e a Jorge Negrete, iso que non faltara. A “Primeira Comuñón” era o mais do mais, pero para as familias constituía un enorme gasto extra, celebrábanse na casa dos pais, como as Vodas, reunión de familiares e punto. Un chocolate para as primeiras e “o que se puidera” para as segundas.
O selo dunha carta neses anos custaba 20 Cts., pero e Peseta, non de Euro. Comezaban as primeiras excursións de estudantes, que non eran as “viaxes de fin de curso” de agora. Falamos dos tempos de cando as Tunas cantaban “Clavelitos”. Pero claro... a infancia e a xuventude so se viviron esa vez. Espero que o artigo este truxera bos recordos a todos.
volver