OS DEZ MANDAMENTOS DA SEGURIDADE VIAL INFANTIL
Data: 19 de agosto de 2018
ARTÍCULOS E NORMAS QUE OS CATIVOS HAN DE COÑECER E RESPECTAR COMO NORMA DE VIDA PARA ASÍ PRACTICAR UNHA VIDA SEGURA ENCANTO AO TRÁFEGO.
OS DEZ MANDAMENTOS DA SEGURIDADE VIARIA INFANTIL

   A pesares de sermos unha asociación de xubilados non desprezamos temas que coma este non están destinados á nosa franxa de idade. Trátase da seguridade infantil e todos temos netos e demais seres queridos no noso entorno e por iso espertan o noso interese temas variados, como é este caso.
   Tódalas partes implicadas póñense de acordo por primeira vez para fixar unha serie de medidas imprescindibles. A Dirección Xeneral de Tráfico fixo unha asemblea da Alianza Española pola Seguridade Viaria Infantil, na que se aprobou o Decálogo da Seguridade Viaria Infantil. O obxectivo é que non morra ningún neno, ou sufra feridas graves cando viaxa como ocupante dun vehículo. É a primeira vez que tódalas partes implicadas na seguridade dos menores reúnense co obxectivo de mellorar a protección deste colectivo, consensuando así as dez regras básicas da Seguridade Viaria Infantil. 
   
1º.- Levar sempre ó neno suxeito nun sistema de retención infantil adecuado ó seu tamaño e peso. E nunca baixo ningún concepto, debe deixarse ó menor so ou sen a supervisión dun adulto.
   2º.- Utilizar sempre cadeiras homologadas e, si é posible, optar pola normativa mais actual dado que aumenta as esixencias de seguridade. Comprobala etiqueta de homologación para localizala talla i o peso para os que se homologou o produto.
   3º.- Comprar os sistemas de retención infantil en centros especializados. Ler detidamente as instrucións da cadeira, asegurándose de que a súa instalación é absolutamente correcta e gardalas para futuras consultas.
   4º.- Non comprar cadeiras de segunda man e substituílas despois de sufrir un accidente. 
Así evitaremos a compra, cando o produto non mantén a calidade de cando era novo.
   5º.- Verificar sempre  o sistema de ancoraxe do vehículo. (Cinto de seguridade) antes de comprar a cadeira, para asegurarnos que estamos a comprar a correcta.
   6º.- Colocar sempre ó neno nas prazas traseiras do vehículo. Se unicamente pode colocarse na praza dianteira, desconectar o airbag dianteiro se a cadeira se instala no sentido contrario ó da marcha do vehículo.
   7º.- Levar ó neno en sentido contrario á marcha o maior tempo posible. E axustar ben os arneses ou cintos ó corpo do neno, sen folguras.
   8º.- Para nenos de mais idade, utilizar cadeiras con respaldo, polo menos ata os 135 centímetros de altura. Proporcionaralle mais protección fronte a impactos laterais, e melloran a eficacia do cinto de seguridade.
   9º.- Non colocar equipaxe ou mascotas ó lado dos menores. En caso de freada ou impacto, poden saír despedidos e provocar lesións graves no neno.
   10º.- En caso de accidente, sacar ó neno do coche no seu sistema de retención infantil. Nunca sacar ó menor en brazos (salvo riscos inminentes).
   Cabe lembrar que, a seguridade do menor, en primeira instancia depende do condutor. Por iso hai que respectar sempre as normas; conducir de forma responsable e relaxada, sen agresividade nin brusquidades; deixando a distancia de seguridade ; e axustando a velocidade ás circunstancias do tráfico é a mellor actitude fronte ó volante i a maneira de protexer ós pequenos nos seus desprazamentos.

  
   
   




volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46