UN PENSAMENTO DESTE TEMPO
En AVOA estamos cun grande dilema: queremos facer actividades, novas cousas, e o único que se nos permite facer son as cancelacións dos actos programados. Estando nestes pensamentos chegou a min unha lectura que me fixo reflexionar moito. O “pensemos” de hoxe vai sobre isto.
Dinos cousas que xa sabemos, pero son cousas nas que non sempre pensamos. “Pensemos”.
O teu traballo é moi aburrido, pero é o soño de moitas persoas que por non ter, non teñen nin un traballo.
A túa pequena e humilde vivenda è o soño de moitos que non teñen un fogar onde acubillarse.
A túa agonía co coidado dos fillos, sería a grande ilusión de parellas que non teñen cativos.
A túa roupa “de marca” que sentes que xa está pasada de moda, é roupa coa que soñarían moitos que están a pasar frío.
Hoxe tés consulta con ese doutor tan pesado, pois haberá alguén sen dereito á menciña de balde que non lle poderá pagar a consulta a un doutor da menciña de pago.
Ter que ir a traballar o maldito luns, non é o que pensa alguén a quen lle queda pouca vida.
A túa aburrida comida, seguro que sería o soño dalgúns que teñen fame e non dispoñen de nada que levar á boca.
Se hoxe te levantaches cheo de saúde, pensa que te erguiches mellor ca millóns de persoas que viven no mesmo mundo ca ti, pero non saben se estarán vivos na próxima semana.
Se nunca estiveches nunha guerra, nunca sufriches fame... estás mellor ca cincocentos millóns de persoas que sendo veciños do mesmo planeta vivides en circunstancias moi diferentes.
Así que mira... baila coma se ninguén te mirara... canta coma se ninguén te escoitara... e vive coma se estiveras a vivir o teu último día no paraíso... vive hoxe sen preocupacións polo mañá.
Este pensamento non quita para que saibamos que estamos a vivir un mal momento. Pensándoo dende AVOA sería normal velo así. ¿Pero de verdade estamos tan mal?
No noso redor sempre hai quen está peor e isto fainos bo aquel refrán galego que di que...
¡¡ A vaca do veciño sempre dá mellor leite ca miña !!. Pois non, non sempre é así. Con esta pandemia cambian moitas cousas ás que temos que acostumarnos, pero non é motivo de agoirarnos, seguimos tendo motivos para mirar adiante con esperanza e felicidade por todo o que temos. Fagamos un exercicio de humildade e veremos que a nosa vida merece vivila cun sorriso moi, moi grande.
volver