Todos sabemos que dende hai uns anos as pensións non suben o que nós desexariamos, por iso, e chegándome un informe que me pareceu moi completo, e vendo quen é o autor, pensei que sería do interese de todos nós, xa que todos , ou case que todos, somos pensionistas e da devandita pensión depende o noso poder adquisitivo, ou o noso pan de cada día, se o prefiren. Non é amiña intención que se lle arrepíen os coiros, pero a min xa se me arrepiaron un pouco. A cousa non é de risa.
Tratase dun estudo que fixo D. ANTÓN LOSADA. Supoño que o coñecen, pero farei unha reseña dos seus títulos para que se fagan unha idea do dominio e autoridade neste tema.
Profesor de Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela. +++ Doutor Europeo en Dereito.+++ Visiting Researcher na Universidade goorgetown en Wasinton.+++ Master en Xestión Pública pola Universidade Autónoma de Barcelona.+++ Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago.+++ Posgraduado en Administración Pública en Londres.+++ Curso de Políticas Públicas Comparadas na Universidade John Hopkins.+++ Profesor de Políticas Públicas na Facultade de Ciencias Políticas en Santiago.+++ Colaboracións periodísticas varias.+++ Varios artigos publicados. +++ Participacións en múltiples Congresos.
Ola, o Gobernador do Banco de España avisa, facervos un Plan de Pensións Privado porque as Públicas non son sostibles. Son sostibles, pero ó mellor non o son, i eu avísovos, son un timo, todo o que nos contaron sobre as nosas pensións é mentira.
Non é verdade que gastemos nas nosas pensións de maneira desproporcionada, nin no peor dos escenarios imaxinados chegaremos a investir o que agora mesmo gastan alemáns ou franceses, moito menos son certos os contos de terror para nenos, que nos contaron sobre a nosa demografía, para xustificar as sucesivas reformas, e nin sequera é certo que o déficit da Seguridade Social se deba a un aumento espectacular dos pensionistas.
Débese sobre todo, ás sucesivas reformas laborais, que mandaron ós cotizantes a traballos precarios e con salarios de subsistencia. É unha broma cruel dicirlle a alguén que cobra 800 € ó mes que se faga un Plan de Pensións Privado, a verdade sobre as nosas pensións é bastante mais sinxela, onde nós vemos un dereito, eles ven un negocio. Dos mais de 500 Plans de Pensións postos no mercado nos últimos anos , so dous foron rendibles para os seus titulares, sen embargo, si foron moi rendibles para a Banca Privada. Cada ano, so en comisións 2.000 millóns de €.
Esa é a verdade.
volver