PROPIEDADES DOS MEXILLÓNS
Data: 1 de marzo de 2018
Chamou moito a miña atención este estudo sobre os mexillóns.
   Chamoume tanto a atención por alimento excepcional que é, como por galego. Si, o que nos ensina este articulo é moi importante para a nosa alimentación, para a nosa saúde, para o noso peto, e como galegos deberiamos propiciar o consumo de alimentos da nosa terra. Se ademais falamos do seu prezo, entón supoño que xa nos convence de todo.
 
   Non entro na variedade de formas de comelos, pois préstanse a centos de receitas agradables para o consumo do mexillón galego. Tamén é certo que son tan bos que non lle fai falta moita preparación. Ademais eu considero que o xeito das preparacións nas cociñas en xeral, sempre han de respectar a materia prima, dedicándose so a mellorar presentacións e sabores, pero sempre respectando a natureza do alimento sen disfrazalo.

   Polo xeneral pensamos no peixe e nos mariscos como bos alimentos para a saúde, pero esquecémonos dos moluscos, que tamén son marisco. Exemplo principal os mexillóns. Así que hoxe voulles transmitir 10 RAZÓNS QUE NOS CONVIDEN Ó CONSUMO DESTES MOLUSCOS. No mercado están considerados un dos alimentos mais naturais e orgánicos que existen, con alto valor en vitaminas, aminoácidos e minerais.

   1º.- Axudan á reparación e crecemento dos tecidos.  
As proteínas que necesitamos e nos da o mexillón axúdanos á reparación dos tecidos, o crecemento, á función inmune, a producir hormonas i encimas ó preservar a masa muscular.
   Unha ración de mexillóns aporta 18 gramos, ou sexa o 30 % do que se necesita a diario. 15 mexillóns equivalen á proteína dun bisté. Baixos en sodio, graxa e colesterol e altos en proteínas
.
   2º.- Teñen propiedades ante-inflamatorias.
 Os ácidos graxos omega-3, esenciais para a saúde obtense maiormente dalgúns alimentos.
   Os mexillóns teñen mais ácidos graxos omega-3 que calquera outro marisco e mais que a carne. Estes ácidos está experimentado que son ante-inflamatorios, reducen a arterioscleroses coronaria. Posibles beneficios sobre a prevención i o tratamento dunha variedade de condicións relacionadas co cerebro i os ollos.

   3º .- Axudan a tratar a depresión.  
A vitamina B-12 é moi beneficiosa para a saúde. A depresión pode mellorar con esta vitamina. Cada 3 gramos de mexillóns cocidos provee 6.8 micro-gramos, equivalente a mas del 280 % de lo requirido.

   4º .- Melloran a saúde de osos, dentes, cartílagos e pel. 
Unha ración de mexillóns contén 12 micro-gramos de vitamina C, caes o 20 % da inxesta diaria requirida. O corpo utilízaa para formar a pel, os tendóns, os ligamentos, os osos, os dentes, así como curar e cicatrizar as feridas.
Esta vitamina é boa para o control das infeccións e poderoso ante-oxidante que pode neutralizar os radicais libres daniños.

   5º .- Axudan a combater as infeccións e estimula a formación dos glóbulos brancos.
A vitamina A que conteñen os mexillóns fai moito mais que axudarnos a ver na escuridade. Estimula a produción de glóbulos brancos, restauración dos osos, mantela saúde das células endoteliales e regula o crecemento i a división celular.
Unha ración de mexillóns aporta o 8 % da vitamina A necesaria para as persoas.

   6º .- Ricos en selenio preveñen as infeccións e teñen poderes ante-oxidantes.
O selenio é un nutrinte necesario para mantelo corpo san. importante para a reprodución, para a glándula do tiroides, produción de ADN e protexer o corpo contra radicais libres e infeccións.
Unha ración de mexillóns supera a inxesta de selenio de 55 miligramos necesarios diariamente.

   7º .- Controlan a presión arterial.
O sodio é un mineral que o corpo necesita para funcionar correctamente. O corpo utiliza o sodio para controlar a presión arterial e o volume sanguíneo, así como para que os músculos i os nervios funcionen correctamente.
Unha ración de mexillóns contén 429 micro-gramos de sodio, o 18 % do diario necesario. O sodio ten un consumo máximo diario ó que hai que prestar atención.

   8º .- Os mexillóns son ricos en fósforo.
O fósforo é un mineral que constitúe o 1 % do peso total dunha persoa i é o segundo mineral mais abundante no corpo. A súa función principal é a formación de osos e dentes.
Desempeña un importante papel na forma en que o corpo utiliza os carbo-hidratos i as graxas i é necesario para que o corpo produza proteínas que axudan ó crecemento, mantendo a reparación de cédulas e tecidos.
Unha ración de mexillóns contén case o 30 % do fósforo necesario ó día.

   9º .- Os mexillóns son ricos potasio.
Mineral que o corpo necesita para o seu funcionamento normal, xa que axuda a que os nervios i os músculos se comuniquen. Facilita a entrada de nutrientes ás células e a saída de desfeitos das mesmas.
Unha dieta rica en potasio axuda a compensar algúns efectos nocivos do exceso de sodio sobre a presión arterial.
Unha ración contén 480 micro-gramos de potasio, o que equivale ó 14 % do necesario ó día.

   10º .- Fortalece o sistema inmunolóxico.
Unha ración contén 2`4 micro-gramos de zinc, o 16 % do que se necesita ó día. O zinc é un nutrinte necesario para manterse san.
Encóntrase en tódalas células do corpo e axuda ó sistema inmunolóxico a combater a invasión de bacterias e virus. O zinc produce proteínas e ADN. 
Durante o embarazo, crecemento, lactación e nenez, o corpo necesita zinc para o crecemento e o desenvolvemento adecuado. O zinc tamén axuda a curar as feridas i é importante para os sentidos do gusto e do olfato.



volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46