RECOÑECEMENTO Á MULLER
Data: 9 de febrero de 2018
Dende a Asociación AVOA queremos facernos eco desta onda tan de actualidade, de recoñecemento á valía da muller.
Permítanme que lles diga que me fai sentir incómodo ter que falar disto pensando que xa estamos no século XXI e que non debía ser necesario a estas alturas da vida ter que pedir como un favor, algo que debería ser de seu. Trato sempre de inculcar no meu entorno a costume de non utilizar tanto o xénero referíndome a mulleres ou homes. Trato sempre de pensar e falar de persoas. Pensando así, penso que daríamos por feita esa igualdade, sen ter que reclamala a ninguén. E moi triste para calquera ser humano ter que andar con estas zarangalladas en algo tan obvio coma a igualdade das persoas. Pero estoume a  “enrollar”, despois de todo, quen son eu para dar consellos a ninguén, eu so son alguén que ten moi clara a valía da muller, que non lle fan falta “Anos da muller” nin deberían facer falta “recoñecementos”, nin “Acordos Estatais” para saber que a muller é algo mais ca iso. Miña nai foi unha muller, a de vostedes penso que tamén, así que, so nos quedaría dicir “GRAZAS MULLERES QUE NOS DESTES  VIDA”.
  
   Nesta Nova Sección tráiolles hoxe un exemplo, que non vai selo único, pois exemplos coma este hainos a milleiros ó longo da vida, do mundo e das persoas. Pero unha vez mais, temos que “poñernos colorados” e falar da dificultade que teñen persoas, polo feito de ser MULLER.
   
CARMEN BURGOS: periodista almeriense e loitadora polos dereitos da muller. É o cento cincuenta aniversario do nacemento dunha muller das GRANDES  da nosa historia. Firmou infinidade dos  seus artigos con pseudónimos como: Colombine, Raquel, Honorine ou Perico de los Palotes.
   Foi a primeira muller que traballou na Redacción dun diario e a primeira correspondente de guerra na de Melilla no ano 1.909. foi incansable na súa labor de activista da loita pola igualdade da muller, dando conferencias por toda Europa e América. Foi admirada e recoñecida, nunha época que en España as femias non podían facer nada sen o permiso de seu pai ou do seu marido.
  
   Despois de atreverse a deixar ó seu home (algo impensable naqueles anos) entrou a traballar nun Diario. Alí escribiu unha columna sobre temas tradicionalmente femininos, pero utilizando sempre a Sección para filtrar ideas liberais que ela ollaba noutros países, e expuña cuestións avanzadas pa época, coma: o dereito ó voto da muller; as condicións de traballo dignas para as obreiras, ou o divorcio, un tema, este último, ó que dedicou un libro no 1.904 que fixo que os sectores mais conservadores a bautizaran como “A divorciadora”.
  
 Mentres escribía libros, ensaios e artigos, exercía de nai da única filla do matrimonio, reivindicou a igualdade entre o homes e  mulleres. Nunha conferencia deixou moi clara a situación dos seus conxéneres no noso país e plasmou con vehemencia o seu desexo da igualdade total entre homes e mulleres, pola que vergoñenta mente  séguese a loitar aínda hoxe. <<Estamos sometidas a unha minoría case perpetua, fillas e esposas non podemos vender, hipotecar ,obrigarnos, nin recibir doazóns. So se teñen algúns destes dereitos no caso de estar casada baixo o réxime de separación de bens e, aínda así, non son completos. Quero para ambos sexos idénticos dereitos, as mesmas leis e igual educación>>, dixo.
   
Lamentablemente tiña razón, entón e, en moitos países, a seguirá tendo aínda hoxe.




volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46