SAÚDE -- CÓDIGO ICTUS
Data: 30 de septiembre de 2018
RECOLLEITA DUN ARTIGO DE PURIFICACIÓN VEGA GUERRA.
MÉDICO DE SAÚDE DE MADRID.
                                        SAÚDE – CÓDIGO ICTUS

    Imos falar hoxe dun tema  que a todos nos interesaría saber e coñecer.
    Non fai falta dicir que isto non se debe a coñecementos nin a opinións miñas. Isto é sacado duns artigos publicados da Médico Purificación Vega Guerra. Dito isto dicirlle que nos fala dunha enfermidade tan común non nosos tempos como é o “ICTUS”.

    O ictus é un problema de saúde mais frecuente e importante do que unha boa parte da poboación pensa e pode resultar altamente incapacitante e mortal. Un de cada seis españois sufrirá un ictus ao longo da súa vida. Na actualidade, é a primeira causa de discapacidade grave no adulto (tanto física coma intelectual) e de dependencia a segunda causa de morte en España e a primeira na muller española.

    Trátase dun trastorno mais común en idades avanzadas. O 75 % dos ictus ocorren en persoas maiores de 65 anos. Debido aos hábitos de vida insáns, un 25 % xa se está dando en individuos con menos de 45 anos.

    Creouse un programa chamado “CÓDIGO ICTUS”, coordinado polos Servicios de Urxencias Hospitalarias, destinado a reducir o tempo de espera para o inicio do tratamento destinado a rebaixala taxa de vítimas mortais. Co lema de “Cada Segundo Conta”. Por iso, dende o intre da chamada ó 112, se cumpre os criterios diagnósticos, xa se pon en marcha o devandito “ Código Ictus”.

    Este accidente cardiovascular (Ictus), prodúcese por falta de subministro de sangue ó cerebro, ben por bloqueo dunha arteria ou por rotura da mesma. Isto provoca que se danen as neuronas, ou incluso a morte, por falta do osixeno e glucosa que non transportou a sangue ó cerebro.  Por iso hai que ser moi preciso cando relatámolos síntomas na chamada de auxilio ao 112 para que manden ambulancia medicalizada, non transcorran mais de dúas horas  para a primeira atención e antes das tres horas  xa estean tódalas probas feitas e  nas mans dun neurólogo.

    CONSELLOS: Unha dieta equilibrada, será a mais indicada.
                           Exercicio moderado, coma camiñar pódese aconsellar.
                           Pouco alcohol. Non ao tabaco, coma dúas e dúas son catro.
                           Controlar outros males mais, que para o ictus son fatais.
                           O que receite o doutor, hai que tomar con rigor.

SEIS SINAIS DE ALARMA DO ICTUS
1ª.- Perdida de forza na cara, brazo e ou perna dun lado, con inicio brusco.
2ª.- Trastornos de sensibilidade, sensación de “acorchamento e formigueo” na                                               cara, brazo e ou perna dun lado do corpo, con inicio brusco.
3ª:_ Perdida súbita da visión parcial ou total, nun ou en ámbolos dou ollos.
4ª.- Alteración repentina da fala, dificultade para expresarse, linguaxe que nos custa           
       articular e ser entendido por quen nos escoita.
5ª.- Dolor de cabeza de inicio súbito, de intensidade inhabitual e sen causa aparente.
6ª.- sensación intensa de vértigo, inestabilidade , desequilibrio ou caídas inexplicadas, si se          acompañan de calquera dos síntomas anteriores.








volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46