"TIMOFERTAS"
Data: 9 de febrero de 2018
Estamos a vivir un tempo de moita pillaxe.
   Un mundo de enganos, onde se perdeu ou esqueceu un pouco a dignidade. Aquelo que os nosos vellos chamaban honradez. Dicíannos que esa honradez era a mellor chave para abrir portas. Agora esas portas, pretendemos abrilas con cartos, con poder ou con fachenda, aparentando o que ás veces non somos. Isto obríganos a “abrilo ollo” cando nos queren “favorecer” dándonos “duros a catro pesetas” ¿Lembran que nos dicían así?. Pois para evitar ese tipo de timos reprodúzolle estes consellos que lin nalgunha publicación. Espero que lle sexan útiles.
   
 * Calcula ben se realmente necesitas o produto ofertado e que a cantidade é a adecuada.
  
 * Comproba que o prezo que che ofertan está realmente rebaixado.
  
 * Fíxate na data de caducidade. De pouco serve comprar un 3x2 se non che dará tempo a       consumilo antes de que caduque.
  
* Fíxate na capacidade do envase, que non haxa diminuído tanto ou mais ca o prezo.
  
* Le a letra pequena da oferta.
  
* Nas ofertas de produtos con premio ou regalo, hai que ver se realmente imos utilizar ese regalo..
  
* Nas promocións onde che regalan unha segunda unidade do produto, comproba os custes das dúas unidades para ver que realmente estás aforrando.
   * Trata de elixir establecementos suxeitos ó sistema arbitral de consumo, que sempre ofrecerán mais garantías ó consumidor.
 




volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46