Atopabame no meu sofa tratando de relaxarme un intre, cando pola miña cabeza escomenzaron a revolotear certas valoracións da nosa vida...
A vida e unha roda que non deixa de xirar para todos cantos estamos aquí. Todos bulimos dun lado para outro, sempre con presas e sempre contra reloxo. Pero cantas veces a valoramos con todo o seu contido dende que nacemos e temos uso de razón??
Pois hoxe eu tiven esa valoración nos meus miolos dandolle voltas sen parar.
É un viaxe de ida e volta nun camiño chamado VIDA.
Algunhas veces ese viaxe temolo que interromper pa cambiar de acompañante; outras veces rematase co mesmo...pero sempre coa mellor intención de que ese viaxe sexa ameno e levadeiro.
Temos que ofrecer e dar o mellor de nós a quen elixamos, porque iso será o que recibiremos.
Se algunhas maletas quedan polo camiño é porque non formaban parte da nosa equipaxe... olvidaás!!
E lembra sempre: tan fermosa é a ida como a volta. A única diferencia é que na volta a túa vida estará máis chea de momentos, recordos e sentimentos.
Valoremos esta viaxe que pasa nun abrir e pechar de ollos!!
Saúde para tod@s.
volver