VIDA, ESTAMOS EN PAZ
Data: 6 de abril de 2018
Hoxe ofrécémoslle unha fermosa poesía. Esperamos que lles guste.

Amado Nervo foi un escritor mexicano autor dunha extensa obra. Naceu en México no ano 1.870 e finou en Uruguai no 1.919.
Exerceu o peridismo, Escribiu poesía, novela, contos e ensaios.
Foi autor de grandes frases que quedaron na historia. Tres mostras.

Os que piden lóxica á vida esquécense que é un soño. Os soños non teñen lóxica. Esperemos a espertar.
A vida é un lóstrego entre dúas longas noites.
Se non te queren como ti queres que te queiran ¿Que importa que te queiran?


               VIDA, ESTAMOS EN PAZ

    Moi cerca do meu ocaso, eu bendígote, vida,
porque nunca me deches esperanza fallada,
nin traballos inxustos, nin pena inmerecida;

    porque vexo o fin do meu rudo camiño
que eu fun o arquitecto do  meu propio destino;

    que se saquei as meles ou o fel das cousas,
foi porque nelas puxen fel ou meles saborosas;
cando plantei rosais, colleitei sempre rosas.

...Certo, ás miñas lozanías vainas seguir o inverno:
¡Mais ti non me dixeches que maio fose eterno!

   Achei sen dúbida longas as noites das miñas penas;
mais non me prometiches tan so noites boas;
e en cambio tiven algunhas santamente serenas...

    Amei, fun amado, o sol acaricioume a faciana.
¡¡Vida, nada me debes!! ¡¡Vida, estamos en paz!!




volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46