XUBILACIÓN
Data: 14 de julio de 2020
FALEMOS DA SORTE QUE TEMOS DE ESTAR NESTE ESTADO NO QUE ESTAMOS A MAIORÍA DE SOCIOS DE AVOA. DIVINA XUBILACIÓN
A XUBILACIÓN

Ola amigos e socios de AVOA: Estamos en “Fase de Nova Normalidade”. A Directiva desta Asociación deséxavos a todos un final feliz desta época de incomodidades e de intranquilidades, tratemos de aplicar o sentidiño e saiamos todos ben desta etapa. Como vedes seguimos “dando a lata” e preocupándonos xa de novas actividades, non estades sos nin abandonados. AVOA está convosco, como sempre, intentando darvos actividades coas que saír do aburrimento.
Estamos xubilados... Somos “clase pasiva”, pero isto, nin moito menos, é unha sentencia de condena ó esquecemento. A xubilación ven do latín “jubilare”, que significa gritar de alegría. Traballo, en cambio ven do latín “tripalium”: usada para determinar “certo instrumento de tortura. Xubilación non ten porque ser sinónimo de aburrimento. Xubilación é a oportunidade de ser un mesmo e desenrolar ó máximo o potencial humano coa axuda da sabedoría adquirida. Curiosidade, entusiasmo e paixón por todo o que non puidemos facer antes.

Noutros tempos e outras culturas, era festa e alegría. A xubilación nestes tempos nosos é un DEREITO gañado coas cotizacións de IRPF e á Seguridade Social. O xubilado crea o seu propio “ceo, inferno ou limbo do aburrimento”. A nosa misión é recuperar o “tempo libre i a calidade de vida”, como fai un escravo cando recupera a súa liberdade. Ollade este cuestionario, pode orientarnos.

¿Cantos días ten unha semana?... Para un xubilado ten seis sábados i un domingo.
¿Cal é a hora de deitarse?... Tres horas despois de haberme durmido no sofá.
¿Cantos xubilados son necesarios para cambiar unha lámpada?... So un, pero dálle todo día.
¿Cal é a maior foda para un xubilado?... Non ter tempo dabondo para facer calquera cousa.
¿por que nonos importa que nos chamen vellos?... Porque podemos ter descontos en moitos sitios, vacacións, transportes, menciñas Etc. Etc,
¿Que se considera unha grande fazaña entre xubilados?... Poder atarse un so os zapatos.
¿Por que contamos sempre a volta dos cartos?... Somos os únicos que temos tempo para iso.
¿Cal é definición común aplicada para alguén que lle gusta seguir traballando, cando podería  xubilarse?... ¡¡¡ PARVODOCARALLO !!!.
¿A que lle chamamos os xubilados un longo almorzo?... ¡¡A todos!!
¿A mellor definición de xubilado?... Longo descanso na pausa do café.
¿A meirande vantaxe de volver a estudar?... Se faltas un día ó colexio non chaman a teus pais.
¿Por que, un xubilado, di moitas veces que non estraña o traballo, pero si bota en falta a persoas coas que traballou?... Porque ós xubilados gústanos dicir sempre a verdade.
¿Que temos que facer en toda a semana?... Luns a venres: nada. Sábado e domingo descansar.
¿Cal é a roupa que mais usámolos xubilados?... O pixama.
¿O que mais desgastamos?... O sofá.
¿Onde pasámola maior parte do tempo?... Os mais vagos diante do televisor. Os mais activos mandando vídeos ós amigos. Todo iso se non hai obras pra revisar. Unha obra sen xubilados...

A felicidade non é unha viaxe, non é un destino. Nunca teremos mellor tempo para ser felices que agora... Divírtete nesta etapa da vida. Se aínda non estás xubilado, síntoo, espera quenda.

on isto AVOA so pretende saudarvos e demostrarvos que seguimos tamén esperando o noso turno. Disto sairemos todos e ben. Pero sen esquecer as tres claves do éxito. DISTANCIA, MÁSCARA E HIXIENE. Suadiños a todos e os mellores desexos de todos nós para vós.








volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46