AGRADECEMENTO:
Dende a Asociación Avoa:
Queremos expresar o noso profundo agradecemento a todos os estamentos públicos, colaboradores, amigos e coñecidos polas mensaxes de condolencias recibidas tras a tríste partida do noso amigo e secretario Ricardo Costas Acuña.
Nestes momentos difíciles, as mostras de apoio foron un bálsamo para as nosas almas.
Dende a Avoa, faltannos palabras para expresar a gratitude que sentimos por tantas mostras de cariño e solidariedade.
Cada mensaxe foi un recordatorio do impacto positivo que o noso querido Ricardo tivo na comunidade e da rede de apoio que construimos xuntos.
En nome da Avoa, agradecer sinceiramente a cada persoa que compartiu as súas condolencias, cada xesto, cada palabra, cada aperta.... que significou muito para nós e contribuiu a aliviar a dor desta perdida tan grande.
Novamente, mil grazas pola vosa compaixón e apoio nestes difíciles momentos.
Seguiremos recordando a Ricardo con amor e gratitude nos nosos corazóns.
Co máximo respeto e agradecemento...
Asociación Avoa.