Saímos de Coruxo, 90 excursionistas, rumbo á Estación Marítima para embarcar en catamarán cara a Illa de S. Simón. Connosco viaxaron tres guías de turismo para percorrer a illa en grupos de 30 persoas e coñecer a su historia.
Ás 12.30 embarcamos de novo para facer un percorrido pola magnifica enseada de S. Simón, degustando mexillóns acompañados de viño, refrescos e auga. Desembarcamos en Meirande (Museo de Rande), onde nos esperaban os autobuses para levarnos a comer ao Restaurante Casas no Viso, onde disfrutamos dun bo menú.
Despois de comer partimos cara o Museo Quiñones de León en Castrelos (Vigo), onde en pequenos grupos percorremos o Museo e os seus magnificos xardíns aproveitando as sombras das súas árbores para protexernos do sol.
Ás 18:30 volvemos subir os autobuses para ir a Estación Marítima e volver embarcar no catamarán. Fixemos un percorrido pegados a costa da Península do Morrazo, onde a guía nos ía explicando as vilas e praias polas que íamos pasando, e dándonos a coñecer tamén as súas historias. Seguindo a viaxe cara o contorno das Illas Cíes, fondeamos o barco fronte a famosa Praia de Rodas, onde nos serviron a cea.
Cando rematamos, iniciamos a viaxe de volta contemplando a magnifica posta de sol que embelece todavía máis a nosa Ría de Vigo. Algúns dos nosos viaxeiros aproveitaron para botar un baile na cuberta do barco o són da música e das ondiñas do mar.
Desembarcamos en Vigo as 22:30 horas onde nos agardaban os autobuses para o noso regreso a Coruxo.
Navegar pola nosa ría, cun mar totalmente en calma, un día de calor coma tivemos e coa brisa do mar refrescandonos foi un luxo que fixo que a nosa viaxe pagara a pena. Estamos seguros que tod@s disfrutamos dun gran día!!
volver