COMENTARIO FUEGOS DE BOUZAS
Data: 17 de julio de 2022

O pasado domingo día 17 voltamos marchar de excursión pola enseada da ría para ver os fuegos de lucería de Bouzas. 
E aínda que o día amenceu con néboa sobre o mar, o noso desexo era o de ter unha noite clara e cun ceo limpo para poder gozar da nosa viaxe.
Saímos as 21:00 horas dende Coruxo cara a Estación Marítima. Despois de repartirnos os billetes, embarcamos e sentámonos nas mesas xa reservadas co respectivo "pincho" que nos agardaba (tortilla, empanada, croquetas, ensaladilla, postre e bebidas varias).

Sorprendentemente comezamos a navegar baixo un ceo clariño. Con música de fondo, ganas de pasalo ben e disfrutando da beleza nocturna da nosa cidade dende a ría....a diversión e disfrute estaba asegurado!!!

Once da noite e comeza o primeiro "estralido" dos fuegos de lucería. Toda unha verdadeira marabilla dende a cuberta do noso barco, foi todo un espectáculo de luz, són e fermosos reflexos na auga en calma da enseada de Bouzas. 
As diferentes filigranas de cor e a amplitude do són o estralar no ceo, non deixou que ningún dos navegantes das diversas embarcacións deixasen de aplaudir....así como as pitadas de todas as embarcacións alí presentes.

Despois de 20 min aproximadamente de lucería, o espectaculo lumínico remata pero comenza a música e o baile na cuberta do barco.
Durante a nosa travesía cara a porto, desviámonos ata as inmediacións do Muelle de Contedores de Guixar, para facer tempo e desembarcar as 00:30 horas no porto.(hora programada pola Naviera).

Xa no muelle agardabanos o noso autobús para voltar cara a Coruxo. 

A noite acompañounos, cun ceo limpo, mar en calma, e unha temperatura do máis agradable. Non podía ser doutra maneira... imos tendo sorte en cada unha das nosas viaxes.

Desexamos o pasarades ben e agardamos vervos nas próximas!!
  



volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46