EXCURSIÓN A LISBOA
Data: 2 de octubre de 2024

Dis ó refrán “Quen non viu Lisboa non viu
cousa boa… é, para comprobalo” a Asociación AVOA, organizou una excursión, os
días 2 7;28 é 29 de septembro

  Saimos de Coruxo a primeira hora da mañá, para
chegar a hora do xantar ó hotel Cristal Caldas, en Caldas da Rainha; reparto de
habitacións é comida.


 Po la tarde saimos para visitar SINTRA,

unha cidade con un encanto especial é grande historia, un recorrido sempre
acompañados da Guia Local, Eugenia, que nos foi explicando toda a gran historia
das familias mais senlleiras da burguesía portuguesa que residiron, e ainda
residen na  cidade. Despois de probar ó
dulce típico de Sintra, Os Traveseiros, voltamos ó hotel para a cea é
aloxamento.


  Ó día seguinte,28, saimos despois do

almorzo, cara a Lisboa, donde nos esperaba a Guia Eugenia, de novo, para facer
a visita a Cidade de Lisboa e os seus monumentos mais senlleiros; Torre de
Belem, Monumento os Descubridores, Mosteiro dos Jerónimos…impresionante; Santa
Justa, Plaza do Rossio, etc. Etc. Despois de todo iso, parada para degustar os
famosos Pastelinhos de Belem; é de ahí ó restaurante, no mismo centro de Lisboa
para repoñer forzas. Unha vez terminada a comida, pequeño descanso é
continuamos coñecendo Lisboa é ó seu grande ambiente hasta a hora de voltar ó hotel.
Cea e a descansar, facia falla.


 Terceiro dia, é saida para a visita mais

esperada ó Parque BUDDA EDEM, neste espacio de 40 Has, encontrase un dos
parques temáticos mais importantes de Europa, nas suas distintas áreas,
perfectamente conservadas, podemos contemplar os impresionantes Budas, a
perfecta “formación” dos soldados de Terracota, lagos, etc; Pero a Area que
levanta mais asombro e a dos animales de Africa ,grandes  esculturas de elefantes , rinocerontes
,búfalos …. Realmente espectacular. Volta ó hotel para comer e iniciar ó camiño
de volta a casa a donde chegamos sobre as 21 horas.Un pouco cansos ;pero … que
nos quiten ó vivido ¡¡¡




volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46