EXCURSION A SANTANDER (1ª PARTE)
Data: 17 de septiembre de 2023
DOMINGO 17: Saímos de Coruxo as 6 horas, facendo a nosa primeira parada en GUITIRIZ e unha segunda en NOVELLANA sobre as 10.45 horas para tomar as empanadiñas, algún pincho e refrescos. A 13:30 horas chegamos o noso destino.
Aparcamos as nosas maletas nunha sala do HOTEL MILAGROS GOLF e pasamos directamente para o  comedor , onde nos agardaba un menú a vez de chamativo pola súa presentación, delicioso e exquisito polo bó proveito.
As 16:00 horas arrancamos cara a SANTILLANA DEL MAR (Vila das tres mentiras: pois segundo un dito popular "nin é santa, nin llana, ni ten mar).
Declarada conxunto histórico-artistico en 1889, o seu casco historico xira entorno a duas rúas que dar a sendas plazas. 
O tempo adicámolo  a visitar e percorrer algúns dos monumentos máis importantes, como "A Colexiata" as Torres de Merino (actual Museo) e Don Borja (hoxe concello) ...
Imprescindibel percorrer a pé as fermosas rúas empedradas e as edificacións medievais como as casas da "AGUILA" e a PARRA,  O PALACIO DE VELARDE, ...etc.
Toda a vila é do máis fermosa mírese por onde se mire, cada recuncho ten algo abraiante e fermoso que amosar.
Rematada a nosa  visita, voltamos o Hotel, ceniña e a descansar!!

LUNS 18: Novo día cun recorrido que prometía!!
Saímos do hotel e dirixímonos a LIEBANA, cerquiña de Potes, para coñecer o MONASTERIO DE SANTO TORIBIO DE LIEBANA. O percorrido foi para algúns do máis espectacular, a carretera semellaba de sentido único nalgún dos seus tramos e as montañas dos Picos de Europa semellaban unha maxestuosidade po riba das nosas cabezas; pero aínda así pagou a pena facer eses kilometros no autobús ata alá arriba....jeje.
Xa no Monasterio puidemos escoitar a "Misa do Peregrino" e atravesar a "Porta do Perdón". Que nos abraiou a todos!!
Reza o dito que para gañar o xubileo é preciso cumprir unhas premisas: Rezar un Padrenuestro, un Credo, unha oración polo noso Papa e tomar comunión, así como pasar pola Porta do Perdón.
Rematada a misa, dirixímonos cara a POTES, o Restaurante Martín, onde nos agardaba un exquisito menú montañes!
Seguimos a visita por Potes, que é coñecida como a vila das Pontes e as Torres; onde destacan a Torre do Infantado (hoxe sede de exposicións) e a Torre de Orejon da Lama, ambas do século XV.
Perderse entre as súas rúas, paseos a caron do río, tendas de souvenirs e agasallos foi do máis divertido, fermoso e diferente nesta vila con tanto encanto así como historia.
E rematamos o día de hoxe voltando o hotel para cear e coller forzas para o día de mañá!!



volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46