MARTES 19: Saímos as 9 horas do hotel cara a CABARCENO (Parque da Natureza)
Aínda que o día non prometia moito sol, o final houbo sorte para que os animaliños saíran a darnos a benvida..jeje
A nosa chegada o Parque, agardabanos unha guía que nos ía acompañar en todo o noso percorrido pola antiga Mina de ferro, e hoxe fermoso Parque da Natureza.
Puidemos ir facendo paradas e baixar para ollar máis de cerca os osos, as xirafas, elefantes, etc.etc..e darnos explicacións e curiosidades da vida de cada un destes animaliños tan fermosos e curiosos coa nosa visita.
Tamén puidemos facer un pequeno percorrido en telecabina, para disfrutar dende as alturas dunhas fermosísimas vistas do parque e dos recintos dos osos, as xirafas...etc.
A verdade e que paga a pena perderse todo un día nun lugar tan fermoso e sorprendente, con animais en plena libertade, cunhas condicións admirables e con trato personalizado algúns deles!!
Admirable o traballo de todo o persoal do Parque. Non deixedes de ir...
Volvemos cara o hotel a comer e así como rematamos, seguimos de ruta cara a SANTANDER.
Comezamos visitando o Palacio da Magdalena e os seus arredores e despois a Catedral da Asunción da Nosa Señora.
No tempo libre cada ún puido aproveitar para coñecer a pé lugares como o Barrio Banesto, o Banco Vitalicio, o Gran Casino, etc..
O tempo acompañou e pagou a pena perderse entre rúas, comercios e boas xentes!!
E rematamolo día con ceniña no hotel e a descansar!!
MERCORES 20: Saída do hotel e maletas "a bordo" no noso autobús. A nosa visita do día facemola a COMILLAS. Localidade que da nome a súa Universidade Pontífica ata o seu traslado a Madrid. (Actualmente é un Campus da Universidade de Cantabria). No tempo que tivemos libre cada un de nós puido elexir percorrer o casco vello, facer compras de productos típicos, ou visitar lugares tan interesantes como "O Capricho de Gaudí", o Palacio de Sobrellano, .. asi como fotografiar a coñecida Casa Ocejo (palacete do Conde de Orgaz)(edificio granate onde nos deixou o noso guia Dani), Capilla Panteón dos Marqueses de Comillas.. ou disfrutar de todo o entorno desta vila de edificios medievais e barrocos.
Marchamosss.....imos comer a Unquera, o "Restaurante-cafeteria La Corbata".
Rematada a comida, comezamos a nosa viaxe de volta a Coruxo.
Agardamos que todos cantos nos acompañastedes nesta viaxe, o disfrutarades moi a gusto, e que cada unha das nosas visitas vos enriqueceran en todolos sentidos...a nosa intención sempre é a de coñecer, aprender, disfrutar e pasalo ben!!
E dende a nosa Asociación Avoa estamos seguros que non vindes con mal sabor de boca!!
Grazas a todos pola vosa colaboración e puntualidade sempre con todos nos!!
volver