Saímos de Coruxo destino Valladolid, facendo unha parada en Riós e outra a continuación para comer como é de costume as empanadas regadas con viño, refrescos e auga. Seguidamente partimos cara o Restaurante Roteiro 62 en Tordesillas, onde comemos un bó menú (paella e carrilleras).
Despois de comer dirixímonos ao Castillo de Peñafiel onde tiñamos unha visita concertada para percorrer o museo do viño e o restaurado castelo que ten forma de barco, onde todos nos quedamos impresionados con esta fortaleza pola súa beleza e conservación; e dende onde contemplamos unhas impresionantes vistas ás chairas de Castilla.
De seguido, visitamos a antiga Praza do Coso, onde se seguen facendo corridas de touros; despois puidemos facer un percorrido polo casco antigo de Peñafiel.
Rematada a visita, dirixímonos ao Hotel Sercotel de Valladolid, reparto de habitacións, cea e aloxamento.
O día seguinte saímos cara ao centro de Valladolid, facendo a primeira parada na famosa estatua de Colón, para despois entrar o frondoso Parque Grande, onde contemplamos os seus xardíns, cantidade de pavos reais que por alí andaban soltos, e sobre todo a cantidade de simpáticas ardillas que correteaban entre nós.
Saímos do percoriido na fermosa Fonte de Zorilla e a continuación iniciamos o percorrido polo casco antigo de Valladolid, visitando a Praza Maior, A Catedral, os diversos palacios e remantando o percorrido na Praza de San Pablo, onde todos quedamos abraiados coa maxestuosa fachada da Igrexa de San Pablo, e tampouco coa fachada do Colexio de San Gregorio.
Rematado o noso percorrido, diriximonos ao Hotel Olid para comer. E o remate regresamos cara a Coruxo.
A pesar das camiñatas que fixemos, todos viñemos moi contentos desta excursión.
volver