Querida comunidade da Avoa:
A nosa Asociación hoxe enfrentase a un día triste e moi desgarrador....
Faleceu o noso gran amigo e compañeiro RICARDO COSTAS ACUÑA, o noso secretario.
Membro incansable da nosa Xunta Directiva, con plena dedicación para facer ben a todos os que o rodeaban, amable, cariñoso e sempre alegre!!!
A súa labor intachable para e con todos, deixanos un vacío difícil de cubrir en cada un de todos nós.
Imposible expresar con palabras o ser extraordinario e maravilloso que foi Ricardo, humano, xeneroso, festexeiro... cunha conexión especial con cada persoa que tivo o privilexio de coñecelo.
O seu legado entre todos nós perdurará sempre, así como o vacio que nos deixa.
A súa partida vai marcar un antes e un despois na nosa directiva e na nosa comunidade, porque sen él os nosos corazóns quedan orfos aínda que o seu espíritu vivirá eternamente na memoria de todos nós.
Dende a Avoa, todo o noso apoio e dor querémolo compartir con toda a súa familia.
Que a luz te guíe compañeiro alá onde vaias,e nos des forza para seguir traballando con esa paisón que tí nos enseñaches.
Unha forte aperta e ata sempre AMIGO!!!
D.E.P
(Os teus compañeiros e amigos da Avoa).
volver