FEIRA DE PADRÓN
Data: 17 de noviembre de 2024
     O mercado dominical de
Padrón é un dos máis populares e concorridos de Galicia.

     A súa fama atrae cada domingo a miles de visitantes de todas as idades, algúns en compañía da familia ou amigos e outros en grupos de excursións.

     A orixe deste mercado popular remóntase a tempos inmemoriais, xa no idade media
estaba considerado un dos máis importantes de Galicia, e centrábase principalmente na venda de gando e outras mercadorías.

     Na actualidade, a cantidade de produtos que se poden adquirir neste mercado é
unha dos seus principais sinais de identidade. Aquí atoparemos artigos téxtiles,
calzado, complementos, unha gran diversidade de produtos e verduras de
tempada, sementes, planta para replantar, queixos, embutidos, licores, sen
esquecer todo tipo de utensilios de labranza, mobles e outros curiosos artigos.

     Ademais do mercado,tamén podemos visitar a Casa de Rosalia ou o Xardín
botánico, ,e como non pasear ó casco antigo de Padrón.



volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46