O pasado día 1 de Abril, e aínda que parte dos directivos nos atopabamos núnha excursión por Aranda de Duero, outros quedaron para celebrarlle unha HOMENAXE CENTENARIA a únha "MATRIARCA" de Coruxo.
DOLORES FERNANDEZ CARRABEDO, nacida en Viladesuso (Oia), pero veciña de Coruxo dende hai 70 anos, cando se mudou co seu home e fillos para coidar a finca da Gandara.
Medio cento de familiares (algúns chegados de Mallorca) e veciños convocados pola
Asociación Avoa, xuntaronse no Crac De Coruxo para facerlle dito homenaxe.
Quedou viuva moi nova, o seu home finou con 46 anos, cando o seu fillo máis pequeno contaba tan só con un aniño.
Nai de 13 fillos, 29 netos, 48 bisnetos e 8 tataranetos, Lola, tívo que traballar duro toda a súa vida para sacar adiante os seus fillos.
YOLANDA AGUIAR CASTRO, Concellal de Benestar Social acompañou a Lola e a súa familia neste emotivo homenaxe.
A tarta do Centenario de Lola, de Confiteria Veloso Vigo, así como os pinchos que degustaron fixeron que esta xuntanza familiar sexa ben recordada por Lola e todos os seus familiares.
Noraboaa Lola!!!
volver