RESUME BODAS DE OURO E DIAMANTE.
O pasado domingo 23 de Outubro celebramos un ano máis as BODAS DE OURO de tres matrimonios: Marina Lago Pérez e Enrique Salgueiro Vila, Maribel Bao Zúñiga e Jacinto Cea Fernández, Luisa Comesaña Valverde e Francisco Estors Estévez.
As 11:00 da mañá houbo misa na Igrexa Parroquial de San Salvador de Coruxo, oficiada polo noso Obispo Monseñor Luís Quinteiro Fiuza e cantada pola Mezzosoprano Nuria Lorenzo.
A continuación, no Centro Parroquial, o grupo de corda "CORDAS NOVAS" do Centro Cultural de Coruxo, deleitounos con un maravilloso concerto de pezas variadas, que non deixaron indiferente a ninguén.
As 14:00 horas encontramonos de novo todos no Hotel Coya para o Convite Nupcial. Onde homenaxeamos os tres matrimonios polos séus 50 ANOS de casados e os matrimonios de Florinda Misa e Francisco Rodríguez, Pilar Dopeso e José Pérez, e Amelina Pérez e Maximino Comesaña, que cumpliron 60 ANOS de casados, ou coma se dixeramos as súas BODAS DE DIAMANTE.
Rematado a comida houbo música e baile para un remate de festa como non podía ser doutra forma.
Grazas a tod@s os homenaxeados, socios e invitados por participar nesta comida de recoñecemento a estes matrimonios e convertila nunha "GRATA REUNION DE CONFRATERNIDADE ENTRE TOD@S"
volver