RESUME BODAS DE OURO
Data: 22 de octubre de 2023
O pasado día 22 de Outubro, e como un ano máis, celebramos as Bodas de Ouro de seis matrimonios que quixeron renovar os seus votos coa "Avoa".

As 11 da mañá celebrouse unha fermosa e emotiva misa na Igrexa de S. Salvador de Coruxo, e oficiada polo Monseñor Luis Quinteiro Fiuza e cantada pola maravillosa Mezzosoprano Nuria Lorenzo. 
Tamén  nos acompañaron Marta Fernández Tapias (Vicepresidenta da Diputación de Pontevedra) e Ana Ortíz (Delegada territorial da Xunta en Vigo)  que fixeron entrega de sendas placas conmemorativas por este día tan sinalado.

Rematada a misa, no Centro Parroquial o grupo de corda "Cordas Novas" do Centro Cultural de Coruxo agasallou os presentes cun fermoso concerto que non deixou indiferente a ninguén con pezas emotivas e moi melodiosas. Un maravilloso concerto cheo de sensibilidade e moito amor dunha xeración que ven "tocando forte". Noraboa compañeiros!!

Rematado o concerto dirixímonos cara o Hotel Coya para celebrar o Convite Nupcial por todo o alto...
O noso querido alcalde Abel Caballero tamén nos acompañou para poder felicitar persoalmente os seis matrimonios e facerlles entrega duns agasallos que lles recordarán esta data tan sinalada como especial.
Así mesmo, a nosa directiva da Asociación Avoa non quixo ser menos co alcalde e fixolle entrega dun fermoso ramo de frores; pois facía unha semá que él tamén celebrara unha data tan especial como son as súas bodas de ouro coa súa dona Cristina (ausente neste acto).

E como remate dun día fermoso,emotivo así como especial cos homenaxeados, as súas familias e amigos, dende a Avoa darvos as grazas a todos cantos facedes posible que unha data tan especial como son as Bodas de Ouro se poidan celebrar nun ambiente tan cordial e familiar.
Grazas a tod@s os colaboradores pola vosa labor para que cada detalle foxe único e especial!!!
PARABENS A TOD@s!!!!!!



volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46