RESUME CRUCEIRO REGUA-OPORTO (2º DIA)
Data: 21 de agosto de 2022
SEGUNDO DÍA 

Saída do Hotel Paredes Apartamentos as 8:30 horas. 
Dirixímonos cara o embarcadoiro de Regua e as 10:00 horas comezamos un percorrido espectacular, con bo día, maravillosa paisaxe e a sorte de coincidir cun grupo de xente de Amarante, que tamén facían o mesmo percorrido e que tocaban unhas "concertinas", que fixeron que a nosa viaxe tivera un bocadiño máis de "brincadeira" e sorrisos. Tivemos "parranda" de máis!! 

Baixamos dúas esclusas: A Presa de Carrapatelo de 35 metros de desnivel, na que todos quedamos abraiados pola súa inmensidade, grandeza e pola rápidez do descenso do nivel da auga. A súa comporta erguíase sobre as nosas cabezas deixando caer a auga restante pola súa elevación. Unha verdadeira obra de arte!!
E a segunda esclusa da Presa de Cestruma-Lever, de 14 metros de desnivel, cuya comporta abríase ante nós coma quen abre un libro. 

O noso percorrido remata en Oporto, onde a paisaxe deixanos ver o ambiente vacacional de moitos turistas coma nós. Os antigos barcos de madeira que usaban noutros tempos para cruzar o viño dun lado a outro do rio, fan percorridos varios para o deleite dos visitantes.

O noso autocar agardabanos para voltar a Coruxo, pagou a pena a viaxe!!
 





volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46