PRIMEIRO DIA:Saida dende Coruxo as 7:00 horas cara a Lamego. Na nosa primeira parada en LAMEGO e como é de costume, collemos forzas co noso tentempé de empanadas, viños e refrescos.
Despois visitamos a Catedral e os que quixeron puideron baixar a sorprendente escaleira barroca de 686 escalons que en zig zag comunican a IGREXA DA NOSSA SENHORA DOS REMEDIOS co centro de Lamego, da cal se dí é a localidade con maior concentración de monumentos históricos por metro cadrado de Portugal.
A nosa seguinte saída foi cara a PESSO DA REGUA onde visitamos a BODEGA QUINTA DO CASTELINHO; onde puidemos ver as maxestuosas cubas e barricas que alí se atopaban pa almacenaxe do vinho do Porto. Despois tivemos unha degustación e cada un de nos puido mercar viños e agasallos que se nos ofrecian.
A saída da bodega, un calor abafante fixo que os nosos pasos foran un pouquiño máis rápidos cara o salón onde íamos comer na mesma QUINTA DE SAO DOMINGOS, pois a fame e o frescor do salón fixo que o noso almorzo fora mellor dixerido..jeje.
Unha vez rematamos, a nosa seguinte saída foi cara a VILA REAL. Cidade que conserva unha arquitectura aristocrática con casas ablasonadas, edificios antigos e modernos, balcóns tradicionais en ferro forxado,...etc. O seu centro destaca por ter moitas igrexas de estilo románico, mesturado con barroco e rococó. Mostra de algunha delas son a IGREXA DE S. PEDRO e SAN PABLO. A súa Catedral antigamente foi un convento. E nalgúns lugares podemos atopar "pelouriños" (cruceiros sen cruz), lugares onde antigamente se castigaba a xente públicamente nunha praza central.
Un paseo exterior a IGRESA DE S. DENÍS deixabanos contemplar toda a vila e a sua contorna, así como o Río Corgo; no recinto da igrexa o cemiterio exterior amosabanos lápidas tan antigas como as de pizarras verticais e fermosas cruces de pedra imitando a madeiras talladas.
O calor desa tarde, fixo que moitas das terrazas da praza tamen se beneficiaran da nosa visita... e nós poder contemplar os arredores co refrixerio na man.
volver