O sabado día 20, saímos de Coruxo as sete da mañá cara a Portugal.
A nosa primeira parada foi de 45 minutos para o tentempié, onde gozamos dunhas empanadas regadas con viño, refrescos e auga. Continuamos viaxe cara a LEIRÍA, onde fixemos un fermoso percorrido pola zona vella da cidade: partindo do Parque Luis Camões, A Catedral, Praza Rodrigues Lobo, Praza Fonte Luminosa, antigo Mercado Municipal e a Igrexa do Espirito Santo, terminando no parque para contemplar os seus magnificos xardíns.
Ás 13:15 horas partimos para o Hotel en Fátima, chegando para comer e o rematar, reparto de habitacións.
Pola tarde, tempo libre para coñecer o Santuario e a cidade e as 20:15 horas escoitar misa en castelán.
Voltamos o Hotel para cear e novamente regresamos o Santuario as 22:00 horas para asistir o Rosario Internacional, onde por segundo ano, a nosa Asociación tivo a honra de dirixir en castelán o rezo do Segundo Misterio, para todos os miles de asistentes; rematomos asistindo á procesión das velas, onde participaron decenas de miles de peregrinos.
O domingo día 21, pola mañá e a partir das 9:15, algúns iniciaron o Viacrucis cara a Aljustrel e outros subiron directamente no autobús, regresando as 12:00 horas para asistir a Misa Solemne no Santuario.
Cando rematou a misa, comida no Hotel.
O noso camiño de regreso, comezamolo as 15:30 cara á Praia Costa Nova de Aveiro, onde puidemos contemplar ás preciosas casas de cores, e onde era obrigado facer fotografias e traer un fermoso recordo.
A continuación visitamos a cidade de AVEIRO (A Venecia portuguesa polas súas canles e pasadizos).
As 19:00 da tarde comezamos o noso regreso a Coruxo.
A fin de semá no puido ser mellor aproveitada, o bo tempo acompañounos e todo discurríu segundo o acordado.
Todos nos felicitaron pola organización da excursión, pero nós tamén queremos felicitar a todos pola vosa puntualidade e comportamento.
Grazas, grazas, grazas!!!
volver