RESUME EXCURSION A FATIMA
Data: 18 de mayo de 2024
Primeiro día:

E como cada ano chegou a Excursión a Fátima que fixemos os días 18 e 19 de Maio.
Iniciamos a viaxe as 7:00 horas do sabado 18 coas maletas e o tentempé abordo do autobús.
A primeira parada, corta, foi na área de Antuá para ir o baño, e algún café. Continuamos a viaxe para visitar Figueira da Foz, iso sí antes de chegar tempo para as empanadas e un vasiño de albariño que nunca ven mal....
Despois da visita a cidade, reanudamos a marcha ata chegar o Hotel Steyler en Fátima onde nos alonxamos. Reparto de habitacións, e comida; que por certo, o hotel espectacularrr!!!
Rematada a comida, tempo libre ata a Misa do Peregrino, as 20:15 horas. Despois voltamos para o hotel para a cea. Habíase que preparar para a Procesión das Velas onde a Asociación Avoa tiña que portar a imaxe da Virxen.
Un "equipo" formado de seis persoas, elexidas dun grupo de 12 voluntarios, todos socios da Avoa, fixeron o percorrido da procesión portando a imaxe da Virxen. Un intre emocionante tanto para os portadores coma para todos os compoñentes do grupo da Avoa.

Segundo día:

Despertar as 7:30 horaas para o desayuno, e baixada de maletas para o autobús. Saímos para facer o Viacrucis, e aínda que era algo opcional, participou todo o grupo, algo moi grande e emotivo a vez durante todo o percorrido.
Rematado o Viacrucis voltamos o Santuario pois algunhas persoas querían estar na misa das 12 horas, Misa dos Panhos. 
Comida no hotel e o rematar, dirixímonos cara a Santa María de Lamas para visitar o Museo da Cortiça, máis coñecido como o Museo do Corcho.
Visita guiada con entradas incluídas no precio da excursión, que resultou moi interesante. Unha verdadeira xoia agochada e que moi poucos coñecen que exista. Pagou a pena!!!
Rematada a visita no museo e despóis de agradecerlle a Silvana, guía do museo, a atención recibida voltamos cara a Coruxo.

Chegamos sobre as 22:30 horas, un pouco cansos pero moi satisfeitos de como foi toda a excursión.
Novamente outra experiencia máis para lembrar e agradecer a todos cantos o facedes posible.

Parabens a tod@s!!!!



volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46