RESUME EXCURSION A PADRON
Data: 19 de noviembre de 2023
Saímos de Coruxo cara ao mercado dominical de Padrón, un dos máis populares e visitados de Galicia. A súa fama atrae cada domingo a milleiros de visitantes de todalas idades, algúns en compañía da súa familia e outros en grupo de excursións coma nós.

Nos máis de dous kilómetros de postos, podemos atopar artigos téxtiles, calzado, complementos, gran variedade de productos e verduras de tempada, semientes, prantas para reprantar, queixos, embutidos, licores.... e todo iso colleitado e envasado polos paisanos das parroquias limítrofes.

A xente fixo compras de todo tipo, destacando productos caseiros e marisco.

A continuación, desprazamonos a Caldas de Reyes, para comer no RESTAURANTE LOTUS un menú de primeiro prato pescada fresca da lonxa de Riveira, a romana con ensalada, e de segundo, carne con patacas fritas, xeado de sobremesa, café e chupitos.

Despóis de comer dirixímonos ao Parque Natural do Río Barosa en Barro. O lugar conta cun fermoso salto ou fervenza de auga, onde o río salva case 60 metros en moi pouca distancia. Podédesvos imaxinar a sua beleza coa cantidade de auga que chovera durante un mes seguido.

Sitio ideal para facer sendeirismo polos seus camiños ou simplemente gozar dunha contorna idílica durante uns minutos, respirar aire puro, e observar a flora e fauna que che rodea.

Por último, paramos en Pontevedra onde tivemos tempo libre para visitar esta cidade pola súa zona peoníl, visitando a Igrexa da Virxe da Peregrina e as súas famosas prazas.

Unha vez máis temos que dar o parabén aos que nos acompañaron nesta excursión, pola súa puntualidade á hora de desprazarnos dun lugar o outro.



volver
Asociación de xubilados e pensionistas de Coruxo.
Estrada Camposancos 226, 36331 Coruxo
asociacionavoa@gmail.com
686 93 15 46